lunes, 26 de diciembre de 2011

Aberto o prazo de inscrición para termalismo co SERGAS

Piscina central do Palacio del Agua do Balneario de Mondariz (Pontevedra).
Ata o 16 de xaneiro no turno febreiro-agosto, e 16 de maio para setembro-decembro

Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de termalismo social do IMSERSOEsta iniciativa, dirixida aos pensionistas, consiste en que os participantes poidan disfrutar dun programa de termalismo que os levará a diferentes balnearios ou hoteis e aloxamentos con este tipo de tratamentos termais, podendo ir acompañados dos seus cónxuxes.

O prazo para inscribirse para todos aqueles que queiran participar nos turnos dos meses de febreiro a agosto rematará o vindeiro 16 de xaneiro; para os participantes nos meses de setembro a decembro terán ata o 16 de maio para inscribirse.

Todos aqueles veciños do municipio que estean interesados en participar poderán realizar a súa inscrición, así como recibir máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, ou chamando ao 981680002.

*