martes, 30 de julio de 2013

Todo preparado en Ardemil para celebrar a súa tradicional festa da malla

A festa da malla de Ardemil nunha edición pasada / Arq.

Terá lugar a fin de semana do venres 9 e sábado 10 de agosto

Tamén terá lugar unha feira de antigüidades

Un ano máis, Ardemil revivirá a súa malla tradicional na que veciños, veciñas e visitantes poderán ver de primeira man como se traballaba no eido agrario desta zona.  Os encargados de organizar este evento son os membros da Asociación Cultural Castro da Croa coa colaboración do Concello de Ordes.

A cita arrancará o venres 9 de agosto a partir das 22:00 horas cun encontro no que se ofrecerá touciño entrefebrado de balde e contará coa actuación do cantante Mario

Día grande: sábado
O día grande será o sábado 10 de agosto a partir das 12:00 horas. Tamén haberá outras actividades, como a feira de antigüidades, ademais doutra de tractores novos e antigos. Tamén terá lugar unha exposición de coches antigos, motos, mobles, pías, farrapos, maquinaria relacionada coas mallas etc. 

Unha cita para a que aínda está aberto o prazo de inscrición chamando ao teléfono 676 221 905

Por último o domingo 12 de agosto celebrarase unha concentración de tractores antigos.