Na piscina do Muíño pódese ler este inaudito cartel non falto de razón... Unha lectora de Ordessiete fíxonos chegar un inaudito cartel ubicado na piscina municipal do Muíño: "Prohibido facer o morto enganando os socorristas". É evidente que non se debe xogar con sarcásticos engaños. Respectemos aos profesionais socorristas e disfrutemos dun feliz e seguro verán 2013 en Ordes. Ordessiete deséxavos un feliz verán 2013!