![]() |
A piscina climatizada das Casillas (na foto) pechará este ano durante todo o mes de agosto. |
Ramiro Recouso: "A precaria situación económica do Concello xunto coa falta de organización na xestión das instalacións, fai que Regos peche un servizo moi utilizado polos veciños"
O BNG
en Ordes acusou esta mañá ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, de pechar a piscina climatizada durante todo o mes de
agosto por falta de orzamento. Dendo o BNG aseguran que esta situación "deixou tirados a moitos usuarios e usuarias".
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, manifestou que “a grave situación económica
que sofre o Concello de Ordes debido á xestión insostíbel mantida por Manuel
Regos nos últimos seis anos, fai que se recorten servizos municipais para
poder facer fronte á débeda municipal que afoga as arcas municipais”.
Desde
o BNG lembran que a piscina climatizada sempre se pechaba a segunda quincena
de agosto por vacacións do persoal e para realizar labores de limpeza e
mantemento das instalacións.
E que este ano, o Goberno que preside Manuel Regos vai
pechar as instalacións durante todo o mes de agosto, "deixando de prestar un servizo moi utilizado
non só polos veciños e veciñas de Ordes, senón por moitos habitantes da comarca”, aseguran.
![]() |
Ramiro Recouso (BNG). |
As frases de Ramiro Recouso, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O peche desta instalación composta por piscina, ximnasio e sala
de actividades aeróbicas vai afectar a
todos aqueles usuarios que practican deporte asiduamente, ademais de aqueles
que utilizan as instalacións co ánimo de mellorar a saúde, como os que se
rehabilitan de lesións ou os que practican natación para aliviar doenzas varias”
"A precaria situación
económica do Concello xunto coa falta de organización na xestión das instalacións,
fai que Regos peche un servizo moi utilizado polos veciños, mentres non afronta
unha restauración noutros que provocan grandes déficits nas arcas municipais,
como Radio Ordes ou Museo do Traxe"
*