miércoles, 3 de julio de 2013

A S.D. Montaos sortea un billete de 500 euros e un carro de leña


O clube conta co patrocinio de Óptica Pilar Mariño, Peluquería Tije e Hotel Restaurante Santa Cruz de Montaos

As rifas están á venda no propio clube, na Cafetería 3 Tapas, Bar A Curva e Restaurante Santa Cruz de Montaos, e Bar Rodeo e Peluquería Tije, en Sigüeiro

O clube de fútbol S.D. Santa Cruz de Montaos de Ordes, co patrocinio de Cristín Asesoría, Seguros e Viaxes, ven de convocar un novidoso sorteo dun billete de cincocentos euros máis un carro de leña de carballo entre todos aqueles que se fagan cunha rifa por valor de dous euros, e cuxas catro últimas cifras coincidan co número do sorteo do Nadal da Lotería Nacional.

Como nos informa Javier Soneira, directivo do clube, as tradicionais necesidades económicas dos clubes de rexional "leváronnos a agudizar o inxenio" como foi solicitar patrocinadores vía Facebook. 

"En apenas catro horas xa tiñamos patrocinadores para a  equipación da nova campaña", recoñece o directivo. Na acutalidade conta co patrocinio de Óptica Pilar Mariño, Peluquería Tije e Hotel Restaurante Santa Cruz.


A alineación da S.D. Montaos durante a tempada 2012/2013. 
Milita en 3ª Autonómica
O equipo, fundado nos anos 50 pero federado dende 1981, e que milita no grupo 8 da categoría 3ª Autonómica. "A última que hai.....imposible descender!", asegura Soneira, conta na actualidade cuns 250 socios 

Agora, o seu inxenio chegou ao extremo de que durante a tempada pasada "puxéronnos, inxustamente, certa fama de 'leñeros', así que decididos a botarlle humor, e que mellor maneira de 'repartir leña' por valor de trescentos euros que sorteándoa".

Todos aqueles que queiran facerse cunha rifa para o sorteo do billete de cincocentos euros e o carro de leña poden dirixirse directamente ao clube no correo electrónico jsoneira@telefonica.net, ou ben en Cafetería 3 Tapas, Bar A Curva, Restaurante Santa Cruz (Montaos) ou en Bar Rodeo e Peluquería Tije (Sigüeiro).

*