domingo, 29 de julio de 2012

Gran acollida da feria de cans de caza no Mesón do Vento



Máis de tres mil visitantes poideron admirar os dous mil trescentos cans expostos

A feira consolídase como a mellor do noroeste peninsular e unha das mellores de toda España

A XX Feira de Cans de Caza celebrada hoxe no Mesón do Vento consolida este evento como o máis importante de toda Galicia dentro da súa categoría. Os máis de tres mil visitantes e unha cifra superior aos 2.300 cans expostos avalan esta cita como unha das máis importantes no ámbito cinexético, catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste penínsular e unha das mellores de España.


Noroeste peninsular
Dende primeira hora da mañán os criadores comenzaron a ocupar as súas gaiolas tanto no interior como no exterior do recinto feiral do mercado de gando. Máis de cincuenta nomes propios chegados dende todas as provincias de Galicia ademáis de Castela e León, Zamora, País Vasco, Asturias e Cantabria. 

Entre os exemplares expostos podíanse contabilizar corenta razas distintas entre beagles, teckels, podencos, jack terriers, pettit basset vendeens, bracos, espagniel bretons, setter ingleses, pointers, griffons azul gascuña, gascoignes, sabuesos, dogos ou brunos de jura entre outros.  


Premios
De entre todas a organización decidiu outorgar premios a trinta delas. Un recoñecememnto que se traduxo nun diploma acreditativo e nun saco de pienso doado polas trinta firmas comerciais pertencentes a diversos sectores que este ano, xunto co Concello de Ordes, quiseron colaborar. Ademáis dos exemplares individuais tamén se galardoaron ás mellores camadas de caza de perdiz, realas de caza maior, así como de  caza maior e menor.


Expositores
Os afeccionados á caza tamén poideron mirar e adquirir multitude de productos e enseres empregados nesta actividade grazas aos expositores que distintas firmas comerciais instalaron para a ocasión. 

O ambente de festa e celebración extendeuse polos bares e restaurantes da zona que convidaron a todo os seus clientes a unha degustación gratuíta de caza con cada consumición. 



*