miércoles, 4 de agosto de 2010

O campo da feira encheuse de nenos coa celebración do Día do Neno

O Concello preparou para os pequenos, inchables, todo tipo de obradoiros, un rocódromo e unha festa da escuma

O municipio ordense celebrou na tarde de onte unha das súas citas veraniegas máis esperadas polos máis pequenos da casa, o Día do Neno. Unha celebración que como cabía esperar, non defraudou en canto á participación e á diversión.

Así o campo da feira ordense encheuse de pequenos e pequenas do municipio que puideron disfrutar coas diferentes actividades programadas polo Concello para dita celebración. Inchables, obradoiros de vidro, maquillaxe e de manualidades e un rocódromo fixeron pasar unha tarde divertida ao gran número de participantes, unha tarde que se pechou cun gran broche final, a festa da espuma.

*

martes, 3 de agosto de 2010

De andaina polo roteiro do Mercurín

O próximo 21 de agosto volverase a repetir o roteiro e todos os que queiran participar deberán anotarse con anterioridade no Concello

O pasado 31 de xullo tivo lugar un roteiro polas marxes do río Mercurín no cal participaron un grupo de 15 persoas motivadas e interesadas polo sendeirismo. Ao longo dos 15 quilómetros de percorrido que durou aproximadamente catro horas, os participantes disfrutaron das paisaxes que ofrece a nosa comarca.

O roteiro volverá a realizarse o próximo sábado 21 de agosto. Todas aquelas persoas que queiran participar terán que anotarse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.
.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo desta actividade enmarcada dentro do bloque de sendeirismo do programa de Voluntariado Verde é fomentar o contacto coa natureza ó tempo que se mellora a condición física a través de actividades ao aire libre promovendo así un hábito saudable"

*

lunes, 2 de agosto de 2010

Gran éxito da Xuntanza de Corais onte na igrexa de Santa María

Centos de persoas acudiron a ver este evento musical que vai xa pola súa décima edición

A igrexa de Santa María de Ordes serviu de escenario onte pola tarde para celebrar unha nova edición da Xuntanza de Corais do Concello de Ordes. Unha xuntanza que foi xa pola súa décima edición e que contou cun bo número de público que non se quixo perder esta xornada adicada á música en Ordes.


Nesta ocasión participaron no concerto catro grupos corais pertencentes a diferentes municipios de toda a provincia.
*

O Día do Neno chega mañá ao Campo da Feira

.
A partir das 17:00 horas haberá inchables, xogos, un rocódromo e unha festa da espuma

Mañá pola tarde vai ter lugar unha nova edición do Día do Neno. Unha xornada adicada aos máis pequenos do municipio que poderán disfrutar de todo tipo de xogos no municipio.

Os actos darán comenzo a partir das 17:00 horas no campo da feira ordense onde se instalarán todos os xogos e onde os nenos e nenas do municipio poderán disfrutar dunha xornada adicada única e exclusivamente para eles. Haberá inchables para os máis pequenos e diferentes obradoiros de manualidades, vidro, maquillaxe e tatuaxes, ademais dun rocódromo de parede e unha gran festa da espuma.

*

domingo, 1 de agosto de 2010

Negreira (PP) da a entender que en Ordes habrá renovación de la cabeza de lista a las Municipales

.
Según ha podido saber Ordessiete, el candidato o candidata popular podría darse a conocer oficialmente en los últimos días del mes de agosto

El presidente provincial del PPdG, Carlos Negreira, viene de presentar al empresario José Manuel Guerra como cabeza de lista de los populares en el Concello de Teo. En ese mismo acto se dio a conocer los planes del partido de renovar las cabezas en todos aquellos municipios de la provincia de A Coruña donde no se gobierna. Inedudiblemente, tal premisa afectaría a entre otros, a nuestro concello de Ordes.

Si bien en un principio los planes de Negreira, a la postre también candidato a la alcaldía de A Coruña, pasaban por presentar las cabezas de lista de todos los municipios de la provincia antes del 31 de julio, según ha podido saber Ordessiete, el candidato o candidata que finalmente opte a la alcaldía de Ordes por los populares se dará a conocer oficialmente los últimos días del mes de agosto.

Foto: El presidente provincial del PPdG y candidato a la alcaldía de A Coruña, Carlos Negreira.

*

Ordes acolle a celebración dun curso de socorrista acuático dirixido a desempregados


Serán un total de 265 horas de duración e terá prácticas non laborais

O municipio ordense acolle a celebración dun curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático totalmente gratuíto para os participantes.

Este curso constará de 265 horas de duración e prácticas non laborais. Nel están participando 15 persoas que están a realizar tanto clases prácticas como teóricas, as prácticas na piscina climatizada e as teóricas na Casa da Cultura.

Foto: Alumnos participantes no curso de socorrista acuático.
*

Esta noite terá lugar a X Xuntanza de Corais

.
Na Igrexa de Santa María a partires das 21:30 h.

Hoxe domingo día 1 de agosto terá lugar unha das citas culturais máis características do verán ordense, a Xuntanza de Corais. Unha xuntanza que vai xa pola súa décima edición e que terá lugar a partir das 21:30 horas na Igrexa de Santa María de Ordes. Nesta ocasión participarán no concerto catro grupos corais pertencentes a diferentes municipios de toda a provincia.

Así chegarán a Ordes os membros da coral Aires de Carral que están dirixidos por Juan J. Gordillo, o Coro da Terceira Idade do Concello de Abegondo dirixidos por María del Mar Mariño, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz de Oleiros que dirixe Salvador Gastón, e a Coral de Santa Cruz de Montaos dirixida por Fernando Taboada.

*

viernes, 30 de julio de 2010

O PP cree que os recortes anunciados polo ministro de Fomento impedirán construír a Variante

.
O Grupo Municipal do PP de Ordes insta ao Concello a dirixirse a Fomento para salvar dos recortes a execución da variante da N-550

“En lugar de preocuparse polos proxectos importantes para Ordes, ao Goberno só lle importan as obras dos baixos da Alameda”, afirman os populares

A xestora do Partido Popular de Ordes informa hoxe de que os recortes orzamentarios anunciados nestes días polo ministro de Fomento, Xosé Blanco, suporán, na súa opinión, "a defunción definitiva do proxecto de construción da Variante de Ordes que permitiría liberar o núcleo urbano do intenso tráfico que rexistra a estrada N-550, sen concentralo no polígono industrial como vai pasar cando esté rematada a ronda leste".

Para tratar de salvar este proxecto, o grupo municipal do Partido Popular vai rexistrar unha proposta para que o Goberno municipal se dirixa ao Ministerio de Fomento "para esixir garantías da execución a curto prazo", desta obra que, ao mesmo tempo, "actuaría como un revulsivo económico para a localidade".

"Silencio sospeitoso de Fomento"
Os populares ordenses consideran "sospeitoso" que o Ministerio de Fomento "estendese un velo de silencio sobre o proxecto de execución da variante de Ordes desde que hai un ano, o 11 de xullo de 2009, anunciase o inicio do procedemento de información pública do estudio informativo da variante".

Podes consultar as notas de prensa remitidas polo Ministerio de Fomento sobre a Variante de Ordes a través deste enlace.

Sempre segundo os populares, o orzamento base de licitación da alternativa proposta daquela polo Ministerio de Fomento para a Variante de Ordes ascendía a 77,8 millóns de euros para un tramo de 12,2 quilómetros de lonxitude.

"Pasividade" e "silecio cómplice" do Executivo local
O PP local denuncia tamén a pasividade e o silencio cómplice do Concello de Ordes en relación con este proxecto de capital importancia. “En lugar de preocuparse polo que realmente importa aos veciños, como a Variante da N-550, o goberno prefire desviar a atención con outros asuntos de relativa importacia”, afirman os populares ordenses.

Foto: Momento da visita do ministro de Fomento, Xosé Blanco á vila de Ordes o 10 de febreiro de 2009.

*

Pampín: "O que está dito, dito está, se pode demostrar e non son o único que o di”

.
"Se é necesario, non pasaría nada por deixar á vila de Ordes un ano sen festas patronais"

"O meu voto foi de conciencia e non debería ter problema dentro do PSOE no que hai moitos antecedentes con casos similares"

"Síntome respaldado por sectores do meu partido"

A aventura do economista ordense Xesús Pampín como concelleiro de Goberno remata despois de que o abandono de Ana Álvarez o pasado 30 de xaneiro deixara unha praza vacante no equipo de goberno de Manuel Regos.

Se marcha despois dun polémico pleno de aprobación dos orzamentos municipais que lle costou o cese, no que se desmarca da disciplina de partido e exerce un voto contrario xunto aos nacionalistas e os populares, estes tamén coa abstención de Xosé Luis Díaz Hermida. Ordessiete falou hoxe co concelleiro socialista.

Arrepíntese do seu discurso do pasado pleno municipal?
En absoluto. Eu non minto. Eun simplemente me remitín a transcribir o que di o señor interventor nos seus informes. Simplemente. Eu non estou inventando nada. Ademais, para todos os que o queiran saber, os informes está aí a disposición de todos os vecinos e veciñas. Iso é público e transparente. Eu fixen o que crín que era conveniente. Non quero entrar en guerras nin en declaración persoais. O que está dito dito está, se pode demostrar e non son o único que o di.
.
"Non teño ningún enfrontamento co PSOE de Ordes"
Que camino vai tomar vostede agora?
Eu acabo de ser expulsado do equipo de goberno. Por parte do grupo municipal socialista non teño noticia algunha. Non teño ningún problema no PSOE de Ordes, nin co secretario xeral nin co compañeiro Xosé Manuel Tobío. Repito, ningún enfrontamento con eles. Unicamente teño discrepancias políticas respecto aos orzamentos municipais, pero nada máis. Onte lle mandei un email ao secretario xeral da agrupación local para que me explique a miña situación de agora en adiante.

Sería quen de abandonar o PSOE pola súa propia decisión?
Para nada, a menos que o partido decida o contrario, eu non teño esa intención. Sei que terei que explicar a situación na que me atopo agora mesmo e eles me terán que explicar que decisión van tomar conmigo. Pero bueno, que eu votara en contra, cun voto de conciencia persoal meu nun determinado momento en contra da disciplina de partido non debería ser problema. Existen moitos precedentes de feitos coma este sen que foran expulsados do Partido Socialista.
.
"Gastará Regos este ano outros 200.000 euros nas festas?"
O alcalde Manuel Regos pregúntase se, tal e coma expuso no debate plenario, sería capaz de propoñer deixar a Ordes sen as suas festas patronais...
Pois se é necesario e é polo ben dos vecinos non pasaría nada e ninguén se botaría as mans á cabeza se un ano a vila de Ordes quedara sen festas. Pero a pregunta verdadeiramente non debería ser esa, senón si o señor Regos e o goberno municipal administraron ben os cartos da xente. O que non pode ser é que se gasten 200.000 euros nas pasadas festas patronais. Eu agora devólvolle a pregunta ao señor Regos, tamén este ano vaise gastar esa cantidade?.

Síntese respaldado polo PSdG-PSOE?
Síntome respaldado por sectores do partido, si.

Foto (arquivo): Xesús Pampín durante unha intervención dun pleno municipal do Concello de Ordes.
*

Xesús Pampín, cesado

.
O goberno local de Ordes desminte taxantemente as declaracións do xa ex concelleiro de Servizos Sociais sobre a débeda do Concello

O alcalde, Manuel Regos, insistiu en que a partida para as festas se reduciu a máis da metade, e se incrementou o orzamento para os servizos sociais

O goberno de Ordes quixo desmentir as declaracións realizadas polo concelleiro Xesús Pampín, tanto no pleno como nalgún medio de comunicación, en relación ao ratio de endebedamento do Concello.

Así dende o grupo de goberno explicaron que, tal e como se reflexa nos orzamentos de 2010 o estado do ratio de endebedamento do Concello de Ordes a 1 de xaneiro deste ano era do 56,32%, e a 1 de xullo de 2010, data na que se elaborou o orzamento, esta ratio era do 55,09%, cifra moito menor ao máximo legal permitido para os concellos situado no 110%, ademais de estar Ordes moi por debaixo da media da débeda dos concellos a nivel nacional.

Gastar máis en festas que en servizos sociais
Por outra banda o goberno local tamén quixo desmentir outra acusación de Pampín, que acusou ao goberno de gastar máis en festas que en servizos sociais. Así, explicaron que aos servizos sociais non só se fai referencia coas actuacións desenvolvidas dende o departamento municipal, senón que tamén forman parte dos orzamentos para servizos sociais, a aportación do Concello á Mancomunidade para prestar este tipo de servizos, unha aportación que ascende a 90.000 euros.

Aínda así a partida destinada a acción social propiamente do Concello ascende a máis de 720.000 euros, ao que hai que sumar outra serie de actuacións de carácter social e dependentes doutras concellerías como pode ser todo o relativo á discapacidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, os programas de conciliación, ou outro tipo de axudas como as de transporte e material escolar, entre outras. Desta maneira o orzamento para servizos sociais estaría preto do millón de euros, cifra importante, superior á doutros orzamentos anteriores e moi distinta ao argumentado polo edil socialista.

Deixaría a Ordes sen festas?
Manuel Regos
preguntouse se Xesús Pampín estaría disposto a deixar á vila de Ordes sen festas, á vez que insistiu en que a partida destinada aos festexos se reduciu en máis da metade, e incluso se suprimiron algúns certames como o Festival da Canción.

En canto aos argumentos de Pampín sobre as prioridades inversoras do orzamento e a falta de medidas para paliar o desemprego, o goberno local quixo facer fincapé unha vez máis nas actuacións para o fomento do emprego que se están a levar a cabo dende o Concello. Unhas actuacións entre as que se encontran, neste momento, a realización de tres cursos dirixidos a desempregados, un de socorrista acuático, outro de atención sociosanitaria e outro sobre enerxía térmica, ao que se suma ademais o obradoiro de emprego e o traballo continuo da oficina de emprego do Concello para información e asesoramento acerca de subvencións e axudas, así como a colocación de desempregados.

Ademais fíxose tamén fincapé en que a taxa de paro cífrase neste momento en Ordes no 11,83%, moi por debaixo do 20% do conxunto do estado, producíndose un descenso do paro no mes de xuño en Ordes de 14 persoas.

"Lectura sesgada e interesada do orzamento"
Aseguraron que todas as acusacións realizadas por Pampín son unha lectura sesgada e interesada do orzamento, que pode ser debida á súa falta de experiencia como concelleiro levando tan só uns meses no cargo, o que é tempo insuficiente para comprender a política municipal e o seu financiamento. Ademais lembraron tamén que os orzamentos anteriores se aprobaron estando el como secretario xeral do seu grupo no goberno, e non houbo ningunha obxección aos mesmos.

O alcalde, Manuel Regos, ante as declaracións de Xesús Pampín, confirmou o cese do concelleiro das súas funcións como edil do grupo de goberno e do departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello.

*

O Concello leva a cabo as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente

.
As obras permitirán adaptar os xogos do parque á normativa europea de seguridade

González: "Os nenos e nenas contarán cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades"

O Concello de Ordes está realizando as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, consisten na renovación do peche, a colocación de solo de caucho, melloras no entorno, así como a colocación de novos xogos e mellora dalgúns dos existentes co fin de adaptar o parque á normativa europea de seguridade.

As frases de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo de Ordes
"Con estas obras o parque quedará totalmente renovado, solventando todas as deficiencias que se podían encontrar neste momento nesta área de xogos, contribuindo así a que os nenos e nenas do municipio conten cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades".

"Tamén se mellorará a accesibilidade da zona e haberá xogos que estarán adaptados para poder participar nenos e nenas que teñan algún tipo de discapacidade"

*

miércoles, 28 de julio de 2010

As obras da primeira fase da rolda leste serán inauguradas o próximo 11 de agosto

.

O vial contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peonil

Regos: "Con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio"

O próximo día 11 de agosto inauguraranse as obras da primeira fase do vial alternativo da rolda leste co que preténdese desviar o tráfico pesado do centro do municipio.

As obras desta primeira fase, que xa están a piques de rematar, daban comenzo no mes de marzo e consisten na construcción do vial de enlace entre a N-550 e a AC-524. Un vial de, aproximadamente, 730 metros de lonxitude, que contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peatonal, o que suporá que nun futuro se trate dunha gran avenida dentro do núcleo de Ordes, tal e como explicaron dende o goberno local.

O orzamento destas obras ascende a máis de 850.000 euros, asumidos a través do convenio asinado polo Concello coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.
.
Obras da segunda fase
Por outra banda o pasado mes de xuño adxudicábanse as obras da 2ª fase desta rolda leste, unhas obras que consistirán na construcción dun vial que enlazará a AC-524 (Ordes- Lanzá) co polígono industrial de Ordes, e que se encontran incluídas dentro do mesmo convenio entre Concello e Xunta.

En canto a estas obras, tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello de Ordes, Roberto González, o novo trazado ten unha lonxitude total de un pouco máis de 2 kilómetros. O novo vial terá calzada única con dous carrís de 3 metros de ancho cada un, un para cada sentido da circulación. O orzamento total das obras é de 1,3 millóns de euros aproximadamente, que asumirá tamén a Xunta.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio, fundamentalmente aqueles transportes con destino Sogama, xa que na actualidade para acceder ao polígono teñen que pasar polo núcleo de Ordes. Ademais, con este vial de enlace tamén se facilitará a conexión coa AP-9"

*

martes, 27 de julio de 2010

Ven camiñar connosco polo roteiro do Mercurín este sábado

.
Un grupo de voluntarios traballaron no acondicionamento e remarcaxe das sinais o pasado venres

O Concello de Ordes, dende o programa Voluntariado Verde está a traballar no acondicionamento e remarcaxe do Roteiro do Río Mercurín. Esta actividade realizouse o pasado venres, comezando no paseo fluvial de Ordes e cunha duración aproximada de sete horas, nas cales participaron cinco voluntarios e un membro da Asociación Tarandeira. Durante a actividade, voluntarios e membro da Asociación Tarandeira foron remarcando as sinais do sendeiro ao longo dos 15 kilómetros de percorrido.

"Sendeirismo e actividades na natureza"
A actividade está enmarcada dentro do cuarto bloque do programa de Voluntariado Verde: “Sendeirismo e actividades na natureza”, que ten como obxectivo principal amosar aos participantes as distintas áreas naturais ás que temos acceso asi como os diferentes roteiros e sendas adaptadas para a práctica e sendeirismo na natureza.

Aproveitando a remarcaxe do Roteiro, este sábado 31 de xullo farase este mismo sendeiro (15 Km de andaina). A saída realizarase dende o Concello ás 10:00, regresando sobre as 16:30.
Todas aquelas persoas que queiran participar terán que anotarse no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo da realización desta remarcaxe é dar a máxima calidade ao sendeiro e o acondicionamento do mesmo para facilitarlle aos usuarios un bo uso do roteiro”


*

Aprobados os orzamentos da "austeridade"

O orzamento destinado a investimentos é superior aos oito millóns de euro

Segundo o alcalde, a aprobación dos orzamentos permitirá pagar aos proveedores

Regos: "Nunca antes se fixeran tantas obras necesarias para os veciños de Ordes como agora"

Podes escoitar o contido da sesión plenaria a través deste enlace


O pleno do Concello de Ordes aprobou esta mañá na sesión ordinaria do mes de xullo, o orzamento municipal de 2010. Trátase dun orzamento que ascende a 16.740.047,23 euros, inferior ao de 2009, e que tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, se caracteriza pola súa “austeridade”. Así o primeiro edil explicou que se trata dun orzamento no que se reduce dunha maneira importante o gasto, dando maior prioridade ás partidas máis necesarias como os servizos sociais e recortando noutras como os festexos, así como tendo tamén un capítulo importante para os investimentos, superior aos oitos millóns de euros.

Pola súa banda, o BNG a través do seu portavoz Gonzalo Castro, rexeitou a votación porque, segundo ao seu entender, "non dan resposta á necesidades dos veciños en materia de servizos sociais e creación de emprego e empeorarán a situación económica do Concello". Segundo Castro, “os orzamentos municipais deben resolver o pagamento das facturas pendentes desde o ano pasado cos proveedores do concello, que ascenden a máis dun millón de euros, máis tamén garantir o pago das facturas xeneradas neste exercicio”, a este respeito, Castro manifestou que “o informe de intervención recoñece que con estes Orzamentos non se garante o pago aos proveedores do Concello polos servizos que presten durante este ano”.

Política de fomento e apoio ao emprego
Ante estas críticas dos nacionalistas, o primeiro edil quixo lembrar as políticas para o fomento e apoio ao emprego que está levando a cabo o goberno local ordense. Desta maneira enumerou diferentes iniciativas postas en marcha, como o obradoiro de emprego no que participan 26 persoas, un curso de socorrista acuático con 15 alumnos, outro curso de atención sociosanitaria con outras 15 alumnas, e outro de montaxe e mantemento de enerxía solar térmica. Todas estas iniciativas dirixidas a persoas desempregadas, “apostando pola formación e por cursos con saídas laborais na comarca e arredores, e fomentando así o emprego, non como queren facer ver dende a oposición”, explicou o alcalde.

Ademais Regos proseguiu en que a isto súmanse os programas de cooperación consistentes tamén na inserción laboral a través de convenios nos que están traballando 17 persoas, e quixo insistir en que un dato que mostra o traballo do goberno a este respecto é o descenso do paro no municipio no mes de xuño en 14 persoas, “situándose a taxa de paro en Ordes neste momento nun 11,83%, e non en porcentaxes superiores como indican dende a oposición”.

Regos tamén quixo desmentir que o seu goberno se esqueza dos servizos sociais, tal e como criticaban dende a oposición, e lembrou todos os servizos que se poñen a disposición dos veciños e veciñas de Ordes e para os que o orzamento do 2010 ten unha importante partida, como actividades para Terceira Idade, a axuda ás familias, ou o traballo que se está a realizar con diferentes colectivos dende a Oficina do Migrante, o Centro de Información á Muller, e a Oficina Integral da Discapacidade, “sendo Ordes un referente neste tipo de servizos”.

Por outra banda o alcalde, ante as acusacións que realizaron dende a oposición de despilfarro por parte do grupo de goberno explicou “creo que nunca se fixeron tantas obras necesarias para os veciños en Ordes, aí está o paseo fluvial, o tanatorio, a rolda leste, os baixos da Alameda que contarán co museo Xosé Xoxardo, sala de exposicións e un local de ensaio, ademais de importantes obras no saneamento e abastecemento de augas nas parroquias, eliminación de barreiras arquitectónicas, e demais melloras que costan cartos pero que son necesarias para mellorar o benestar dos nosos veciños e veciñas”.

Regos lamentou que os membros da oposición non apoiasen estes orzamentos acusando ao grupo de goberno de non pagar aos proveedores, sendo precisamente a aprobación dos mesmos a que permitirá facer eses pagos.

Finalmente os orzamentos foron aprobados cos votos a favor de oito edís do goberno, a abstención dun edil do PP e os votos en contra dos tres edís do BNG, tres edís do PP e o concelleiro Xesús Pampín.

Aprobación da RPT do Concello
O punto da aprobación inicial do orzamento incluía ademais a aprobación da relación de postos de traballo do Concello (RPT), cuestión pola que explicou o alcalde se tivo que chegar a un acordo cos sindicatos provocando o retraso na presentación dos orzamentos.
Esta RPT conta con 51 postos de traballo dos cales 9 serán de nova creación, correspondéndose o resto cos postos dos funcionarios e persoal laboral. Nesta cuestión, que se votou conxuntamente no mesmo punto que os orzamentos, os grupos da oposición mostraron o seu acordo.

Por outra banda tamén se aprobaron dúas propostas, unha pola que se solicitará a retirada do proxecto de lei de Augas de Galicia e que se faga un novo dacordo coa Directiva Marco da Auga, e outra en relación ao decreto do Carbón.

*

domingo, 25 de julio de 2010

O cine e os monicreques darán comenzo a unha nova semana do Verán Cultural

.
Se trata dun programa deseñado pola concellería de Cultura e Deportes de José Ramón Vázquez Raña para os meses de xullo e agosto na vila de Ordes

A cultura segue a ser a protagonista en Ordes durante este verán e os próximos días serán o cine e os monicreques as actividades que dean comenzo a unha nova semana deste 'Verán Cultural' deseñado polo Concello de Ordes para o disfrute de todos os seus veciños.

Así o luns 26 de xullo,e tralo parón da fin de semana, a partir das 22:30 horas a Alameda de Ordes acollerá unha noite de cine coa proxección da película 007:Quantum of Solace. A esta actividade seguirá o martes 27 de xullo un espectáculo de monicreques titulado A Caixa de Música que terá lugar a partir das 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Foto: O concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes, José Ramón Vázquez Raña.

*

Aínda non coñeces o Museo de Juanjo Liñares?

.
O edificio, ubicado no Campo da Feira, xa é unha das máis importantes referencias culturais da nosa vila

O Museo do Traxe Juanjo Liñares, xa se ten convertido en todo un referente e nun atractivo máis para todos os visitantes da vila de Ordes.

O edificio, que está ubicado nas inmediacións do Campo da Feira, consta de tres plantas, repartidas en diferentes departamentos. Así na planta baixa é onde se pode encontrar o salón de actos, lugar no que se están a realizar ademais diferentes iniciativas como cursos, conferencias ou exposicións. Tamén nesta planta está ubicada a biblioteca con todo tipo de libros sobre danza donados tamén polo folclorista ordense Juanjo Liñares.

Pero a zona de exposición propiamente dita encóntrase na primeira e a segunda planta, cada unha cunha sala de exposicións formadas por amplas vitrinas onde están expostos os traxes da colección de Juanjo Linares.

Traxes de Antonio Gades, Rocío Jurado ou Manuela Malasaña
Neste momento están expostos preto de 300 traxes dos máis de 1.000 que donou Liñares, e que están almacenados dentro das instalacións. Uns traxes da máis variada índole, entre os que se enontran diferentes traxes rexionais de toda España, así como tamén a nivel internacional, e outro tipo de traxes con gran curiosidade como o traxe utilizado por Antonio Gades no ballet Bodas de Sangre, un traxe flamenco pertencente a Rocío Jurado ou un traxe de finais do principios do século XIX pertencente á heroína da Guerra da Independencia, Manuela Malasaña. Ademais tamén se inclúe unha mostra de cruces donadas tamén polo bailarín, así como fotografías da súa andaina artística, e libros e debuxos de Liñares repartidos polas instalacións.

A entrada ao Museo ten un prezo de 1 euro para as persoas menores de 18 anos e maiores de 65 anos, 1,50 euros para grupos a partir de dez persoas e 2 euros para o resto de público.

Para todos aqueles que queiran visitar as instalacións do museo, as instalacións están abertas todos os días, excepto os luns, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, os domingos e festivos o Museo abre tamén as súas portas en horario de mañá.

*

sábado, 24 de julio de 2010

Xaurías de toda España se darán cita nunha nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil

.
Terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento

Todos aqueles que queiran participar coas súas xaurías deben facer a reserva das gaiolas no teléfono 689550728

O Concello de Ordes ten previsto celebrar o próximo mes de agosto unha das súas feiras máis consolidadas, a Feira de Cans de Caza de Ardemil. Unha cita festiva no municipio que vai xa pola súa décimo oitava edición e que terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento.

Tal e como explicou o concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións do Concello de Ordes, José Luis Gómez Candal, xa están apuntadas para participar diferentes xaurías de todo o ámbito español, polo que se espera que esta nova edición da feira volva a contar co éxito de anos anteriores.

En canto á primeira das xornadas, a do sábado día 7, celebrarase o VI Campionato de rastro na modalidade de xabarín. Unha proba que será puntuable para a Copa Federación e que contará con diferentes premios en metálico. Ademais celebrará a final do Campionato de caza de perdiz con can que tamén contará con diferentes premios en metálico para os mellores cazadores.

Pero o día grande da feira será o domingo 8 de agosto, cando se celebre a propiamente dita Feira de Cans de Caza de Ardemil. O Concello de Ordes entregará premios e distincións ao mellor can de raza, á mellor camada de caza maior, á mellor camada de caza menor (coello), e á mellor camada de caza menor (perdiz). Ademais haberá un obsequio dun saco de penso para todas as gaiolas participantes. Como actividades complementarias o recinto feiral de Mesón do Vento tamén acollerá unha exposición de cetrería e stands de caza e taxidermia.

Na xornada do domingo, como boa feira que se precie, tampouco faltará a gastronomía con degustación gratuíta de caza a partir das 11 horas.

A frase de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións do Concello de Ordes
"Animo a todos aqueles que estean interesados a participar nesta décimo oitava edición da feira, así como a veciños e demais persoas a que visiten o recinto feiral neses días de feira"

Foto: Edición da Feira de Cans de Caza do ano pasado.

*

viernes, 23 de julio de 2010

Ordes acolleu esta mañá un novo curso de conducción eficiente

.
Celebrouse por petición veciñal

O Concello de Ordes organizou a segunda convocatoria dos Cursos de Conducción Eficiente totalmente gratuítos que tiveron lugar hoxe no Centro Comarcal de Ordes. Esta segunda convocatoria realizouse por petición de veciños que non puideron asistir á primeira o pasado mes de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Trátase de unidades didácticas orientadas a conductores habituais que non teñen que ser profesionais. Este curso vai orientado, tanto a colectivos de profesionais, policías, bombeiros, parques móbiles, como a particulares.
Teoría e práctica
O curso contou cunha parte teórica, na que se deron as técnicas de conducción eficiente e as súas implicacións; e unha parte práctica na que os alumnos desenvolveron ditas técnicas. O obxectivo do curso, é que os alumnos coñezan diferentes técnicas que lles permitan aforrar nos consumos do coche.

Esta iniciativa parte dun convenio do IDAE, INEGA e FAEPAC. Tal e como explicaron dende o Concello, estos cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, sábese que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15% ó tempo que se contribúe á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable.
*

jueves, 22 de julio de 2010

Clausura do Curso de Verán da USC

.
A clausura do curso foi presidida polo alcalde Manuel Regos e contou coa presenza do Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes e do concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira

O alcalde Manuel Regos clausurou esta mañá o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrou no municipio dende o pasado luns ata hoxe. Un acto de clausura no que tamén participou o Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Garbayo Montabes, que quixo agradecer ao alcalde que o seu municipio acollese a celebración deste curso, facendo fincapé na importancia de que a universidade saia desta maneira dos campus universitarios.

Sede universitaria por segunda vez
Pola súa banda, o alcalde mostrou a súa satisfacción porque por segundo ano consecutivo a Universidade de Santiago de Compostela escollese Ordes para convertirse nunha das súas sedes durante o verán, así como insistiu na alta participación do curso, arredor de trinta persoas, tendo en conta os momentos de crise que vive o país. Tamén o alcalde fixo fincapé na importancia do tema tratado neste seminario, a xestión de residuos, tema que asegurou, preocupa a todos os concellos. Regos tivo ademais palabras de agradecemento para o director e a secretaria do curso, o profesor Francisco Peña e a profesora Mª Julia Melgar Riol, tamén presentes no acto de clausura.

Desta maneira o alcalde puxo fin a catro dias nos que os participantes no curso puideron ser partícipes das ponencias de importantes representantes tanto de empresas, como de administracións que trataron diferentes aspectos sobre a xestión dos residuos.

Foto: Xesús Pedreira , concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Mª Julia Melgar Riol, Manuel Regos, alcalde de Ordes, o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes, e Francisco Peña, director do curso.

*