viernes, 7 de junio de 2013

Ordes agarda pola chegada de 600 corredores este domingo

Coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Pazo Bidueiro, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría e Seguros

Máis de 600 corredores participarán este próximo domingo a partir das 10:00 horas na XVIII Carreira Popular Concello de OrdesEste ano, a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada modalidade nas categorías masculina e femenina, así como aos tres primeiros clasificados do Concello. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteráns de cada proba. 

Como cada ano haberá premios en metálico destinados á carreira absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns), que nesta ocasión serán de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubes federados e grupos do municipio a cuantía será de 150, 100 e 50 euros.

O Concello de Ordes conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Pazo Bidueiro, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría e Seguros. 

*