lunes, 15 de abril de 2013

Encontros na biblioteca con... Os Viqueiras de Ordes



Os Viqueiras levan os instrumentos tradicionais galegos aos nenos e nenas ordenses

A biblioteca municipal de Ordes continúa co programa ‘Encontros na biblioteca con…’. Unha iniciativa coa que moitos nenos e nenas dos colexios da zona manteñen un encontro ou toma de contacto con persoerios e profesionais de distinta índole. 


Tambor, gaita, pandeireta...
Nesta ocasión os convidados foron o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Alí explicaron os instrumentos tradicionais máis coñecidos como o tambor, a gaita a pandeireta ou o bombo, así como as distintas partes que os compoñen. 

*