martes, 17 de abril de 2012

Curso de manipulador de alimentos en Ordes

Terá lugar o martes 24 de abril na Casa da Cultura e constará nunha charla formativa 

O Concello de Ordes ven de convocar un novo curso de manipulador de alimentos para o vindeiro martes 24 de abril. O curso consistirá nunha charla informativa de tres horas presenciais nas que se abordarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a seguir na industria alimentaria. Ao final da sesión, que terá lugar na Casa da Cultura, farase unha proba tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos polos asistentes.

As persoas que queiran inscribirse deben dirixirxe ó Concello de Ordes ou poñerse en contacto co persoal da axencia de emprego e desenvolvemento local. Tamén poden acadar máis información ou reservar a súa praza no teléfono 981 680 002. O prezo do curso ascende a 25 euros en total.

*