viernes, 6 de julio de 2012

Xesús Pedreira, secretario local do PSdG-PSOE por unanimidade


Xesús Pedreira Mirás // Arq.

"Nós antepoñemos os veciños ao partido, e outros partidos en Ordes non poden dicir o mesmo", asegurou

Carmen Fernández Reboredo é a nova vicesecretaria xeral

A Agrupación Socialista de Ordes reelixiu onte por unanimidade a Xesús Pedreira Mirás como secretario xeral do PSdeG-PSOE ordense. Xesús Pedreira,quen xa fora elexido para o mesmo cargo en novembro do 2008, agradeceu a confianza amosada polos militantes socialistas e asegurou que “os socialistas de Ordes comportarémonos coa responsabilidade que nos caracteriza na busca do mellor para os veciños e veciñas de Ordes, xa que nós podemos dicir coa cabeza ben alta que nós antepoñemos as necesidades dos veciños aos intereses de partido; outros partidos en Ordes non poden dicir o mesmo”.

Executiva socialista local
Xesús Pedreira estará acompañado por Carmen Fernández Reboredo, como vicesecretaria xeral e de Relacións Institucionais; e Juan José Ballesteros Díaz, como secretario de Organización. Completan a nova executiva do PSdeG-PSOE de Ordes os seguintes:

-          Antonio Morán Ferreiro, vicesecretario de Organización e Benestar Social.
-          Carlos Pérez Casas, secretario de Administración e Finanzas.
-       Verónica Gómez Fuentes, secretaria de Economía e Emprego.
-          Javier Gómez García, secretario de Industria e Medioambiente.
-          Miriam Carballo Rodríguez, secretaria de Xuventude.
-          María del Carmen Arcos Antón, secretaria de Igualdade e Muller.
-          Carlos Souto Figueira, secretario de Deportes.
-          María Sol Monge Garabato, secretaria de Política Municipal.
-          Alejandro Manteira García, secretario de Novas Tecnoloxías.
-          Esther Figueroa Rodríguez, secretaria de Relacións Veciñais.

Quen é Xesús Pedreira?
Xesús Pedreira Mirás é natural de Ordes. Ten 58 anos e é diplomado en Enfermería. É especialista en Análisis Clínicos no CHUS de Santiago de Compostela, e presidente da Asociación Española de Enfermería (EAC). Foi presidente do Colexio de Enfermería da Coruña, é ademáis técnico superior en Prevención de Riscos Laborais e experto universitario en Xestión de Residuos pola Universidade de Cádiz. 

Dende 2007 a 2011 foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes. Na actual lexislatura 2011-2015 é concelleiro e portavoz do PSdG-PSOE no Concello de Ordes. Está casado e ten dúas fillas.


*