miércoles, 11 de julio de 2012

Este venres remata o plazo de inscrición na xuntanza de maiores de Ordes


Terá lugar o domingo 22 de xullo no Pazo do Bidueiro

Inscricións no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes

Este venres remata o prazo de inscrición  para a tradicional xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes. Unha cita marcada para o domingo 22 de xullo cuns actor que darán comezo ás 13:30 horas cunha misa solemne que se celebrará no Pazo do Bidueiro, tras a cal se servirá un xantar no mesmo lugar.

Cinco euros

Para poder participar na comida é imprescindible inscribirse previamente, presentando o DNI e abonando cinco euros por persoa. Cada participante recibirá un resgardo que deberá presentar o día da xuntanza para poder asistir.

Ata este venres 13 de xullo poderán apuntarse aqueles que todavía non o fixeran no departamento de Servizos Sociais do Concello nun horario establecido de 10 a 14 horas.