Os membros da corporación municipal non cobrarían por asistencia a plenos e comisións extraordinarias
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que o BNG levará unha moción ao próximo Pleno na que proporá a “reducción do gasto
das dietas dos concelleiros en máis de 50.000 euros anuais”.
Castro
afirmou que, “debese dignificar a actividade política, mais o que non é de recibo é
que se despilfarren miles de euros coa convocatoria masiva, por parte do
alcalde, de Plenos e Comisións extraordinarias, cando se trata de cuestións que
poderían ser tratadas nas sesións ordinarias destes órganos da Corporación
Municipal”
O portavoz do BNG de Ordes calificou que na actual
situación estase a producir un “auténtico atraco aos veciños e veciñas de Ordes, como o demostra o
feito de que en Concellos da envergadura Santiago ou A Coruña se teñen
celebrado no último ano moitos menos Plenos e Comisións que no Concello de
Ordes ”.
Gonzalo
Castro salientou que “as únicas explicacións para esta actitude do alcalde son tanto o
interese do goberno municipal por engordar as súas dietas por asistencia a
plenos e comisións, como a intención do alcalde de ocultar as decisións
impopulares aos veciños de Ordes, convocando Plenos Extraordinarios pola mañá
para evitar levar os asuntos aos Plenos Ordinarios que se celebran pola tarde,
fora do horario laboral, e imposibilitar por esta razón a asistencia de
público”.
Comisións informativas
Gonzalo Castro,
tamén informou que nesta proposta se incluirá unha redución do número de
membros en cada unha das comisións informativas da Corporación Municipal, coa
presenza nas comisións informativas de só un concelleiro por cada grupo político, con voto ponderado en función da representación dos mesmos.
Castro salientou que esta
proposta “pasaría de nove a catro o
numero de concelleiros nas comisións, o que reducirá significativamente o gasto
en indemnizacións a concelleiros por asistencia a comisións informativas”
Gonzalo Castro (BNG). |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Esta proposta non mermará a calidade democrática da Corporación
Municipal, posto que as comisións son órganos meramente informativos dos
asuntos do Pleno, sen o poder decisorio, por tanto, que ostenta o Pleno da
Corporación, onde si están presentes todos os concelleiros”.
“Con esta proposta
reduciranse os gastos innecesarios en dietas dos concelleiros en máis de 50.000
euros anuais, unha cantidade que serviría para impulsar a creación dun viveiro
de empresas nalgún dos edificios públicos infrautilizados no concello, como o
edificio anexo á Casa da Cultura ou o edificio do centro comarcal”
*