martes, 3 de julio de 2012

Comunicado do PP respecto da aprobación dos orzamentos Ordes 2012

O Partido Popular de Ordes fixo hoxe o seguinte comunicado que transcribimos integramente:

"O alcalde de Ordes pretende aprobar o orzamento de 2012 de maneira antidemocrática aproveitándose de que o novo concelleiro do PP aínda non tomou posesión

O Partido Popular apela á responsabilidade dos restantes grupos da corporación municipal para evitar que Regos perpetre unha “felonía democrática”, propia dun alcalde “covarde” que non é quen de encarar os problemas

O alcalde, que goberna en minoría, trata de aprobar as contas nun pleno extraordinario, no que a oposición non pode introducir contidos propios, e aproveitando que aínda non chegou a acta do novo concelleiro, que debe ser remitida pola Xunta Electoral

O alcalde de Ordes, que goberna en minoría con tan só 7 dos 17 concelleiros da corporación, pretende aproveitar a ausencia dun concelleiro do PP para aprobar os Presupostos municipais de 2012 nun pleno extraordinario previsto para o próximo venres, 6 de xullo.

Manuel Regos, que ata o de agora foi incapaz de sacar adiante os presupostos por carecer dos apoios necesarios, ten intención de subvertir o mandato democrático dos cidadáns aproveitándose de que o grupo municipal do Partido Popular conta estes días con tan só cinco concelleiros, dado que Luis Caamaño, o novo concelleiro que debe substituir a Pedro Carrasco (que formalizou a súa renuncia a pasada semana por razóns de índole persoal) non tomará posesión, previsiblemente, ata o próximo pleno ordinario, previsto para finais de xullo.

De feito, o Partido Popular está á espera de recibir da Xunta Electoral a acta de Luis Caamaño, unha vez formalizada a renuncia do concelleiro ao que debe substituír.

Aproveitándose desta circunstancia, Regos tratará de sacar adiante as contas municipais de maneira antidemocrática, e mediante un pleno extraordinario, no que os grupos da oposición non teñen ocasión de introducir contidos propios na orde do día da reunión.

“Felonía democrática”
Neste escenario, o Partido Popular fai un chamamento aos restantes grupos que integran a corporación municipal para evitar que Regos perpetre una “felonía democrática”, na medida en que non se respectaría o mandato que os veciños depositaron nas urnas nas pasadas eleccións municipais.

“De consumarse –afirma o voceiro do PP-, esta medida retrata definitivamente a un alcalde covarde que non é quen de encarar os problemas cos que ten que convivir cada día”.

“Se Ordes leva sete meses cos orzamentos prorrogados, non pasaría nada por agardar dúas semanas máis. Pero aconcete que o alcalde non consigue articular a maioría que necesita para aprobar os presupostos e por iso pretende trampear a democracia”, afirma José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular.

*