"A situación é especialmente preocupante nos viais Ordes- Pontecarreira, Ordes-Lazá-Carballo, a provincial a Portodemouros e a N-550", asegura Pedreira
O PSdeG-PSOE de Ordes pedirá na sesión plenaria
de mañá xoves 26 de xullo que se inste á Deputación Provincial da Coruña, á Xunta
de Galicia e ao Ministerio de Fomento a que limpen as marxes das estradas da súa
titularidade.
O portavoz municipal socialista, Xesús Pedreira, indica que “son
tempos de moita calor e imaxes como as destes días en Al Empordá, que din que
se iniciou por unha cabicha guindada dende un vehículo, lémbranos a todos a
importancia de ter ben coidadas as marxes destes viais, pois son zonas de gran
circulación de vehículos”.
Xesús Pedreira, do PSdG-PSOE. |
Moita vexetación
Xesús
Pedreira chama especialmente a atención sobre vías especialmente descoidadas e
con moita vexetación nas súas marxes, como é o caso da estrada que une Ordes e
Pontecarreira, as vías autonómicas que unen Ordes con Lanzá e Carballo, a
estrada provincial a Portodemouros ou a propia Nacional 550.
“Estamos falando
das estradas máis transitadas e é necesario que se faga unha limpeza das súas
cunetas para evitar desgrazas”, apunta Pedreira Mirás.
*