jueves, 12 de julio de 2012

O Museo Juanjo Liñares trasládase ao Hostal dos Reis Católicos



Pódense contemplar traxes que pertenceron a Rocío Jurado e Antonio Gades

O Museo do Traxe Juanjo Linares expón dende onte e ata o vindeiro 23 de xullo algúns dos seus mellores traxes no Hostal Parador dos Reis Católicos co gallo da Galicia Fashion Week.

Entre as pezas que se exhiben destacan un dos traxes que Antonio Gades lucía no espectáculo Bodas de Sangue, un traxe de xitana pertencente a Rocío Jurado, un de gala e outro de boda da comarca de Ordes, un traxe de toureiro datado no século XVII, rexionais galegos e incluso goyescos. 





Saris e lagarteranas
Ata Santiago tamén se fará chegar un sari hindú que a maharaní Anita Delgado regalou no seu día a Juanjo Liñares, así como outro de geisha, un de alcaldesa de Zamarramala (Segovia), outro de lagarterana e incluso un de ama de cría típico de Asturias.




*