Máis de tres mil visitantes poideron admirar os dous mil trescentos cans expostos
A feira consolídase como a mellor do noroeste peninsular e unha das mellores de toda España
A XX Feira de Cans de Caza celebrada hoxe no Mesón do Vento consolida este evento como o máis importante de toda Galicia
dentro da súa categoría. Os máis de tres mil visitantes e unha cifra superior aos
2.300 cans expostos avalan esta cita como unha das máis importantes no ámbito
cinexético, catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste penínsular e unha das mellores de España.
Noroeste peninsular
Dende primeira hora da mañán os criadores comenzaron a ocupar as súas
gaiolas tanto no interior como no exterior do recinto feiral do mercado de
gando. Máis de cincuenta nomes propios chegados dende todas as provincias de Galicia ademáis
de Castela e León, Zamora, País Vasco, Asturias e Cantabria.
Entre os
exemplares expostos podíanse contabilizar corenta razas distintas entre beagles,
teckels, podencos, jack terriers, pettit basset vendeens, bracos, espagniel
bretons, setter ingleses, pointers, griffons azul gascuña, gascoignes,
sabuesos, dogos ou brunos de jura entre outros.
Premios
De entre todas a organización decidiu outorgar premios a trinta delas. Un recoñecememnto
que se traduxo nun diploma acreditativo e nun saco de pienso doado polas trinta firmas comerciais pertencentes a diversos sectores que este ano, xunto co
Concello de Ordes, quiseron colaborar. Ademáis dos exemplares individuais tamén
se galardoaron ás mellores camadas de caza de perdiz, realas de caza maior, así
como de caza maior e menor.
Expositores
Os
afeccionados á caza tamén poideron mirar e adquirir multitude de productos e
enseres empregados nesta actividade grazas aos expositores que distintas firmas
comerciais instalaron para a ocasión.
O ambente de festa e celebración extendeuse
polos bares e restaurantes da zona que convidaron a todo os seus clientes a
unha degustación gratuíta de caza con cada consumición.
*