O alcalde Manuel Regos acompañou aos asistentes nesta tradicional festa ordense
Máis de 600 persoas disfrutaron no
día de hoxe da tradicional xuntanza de maiores que cada ano organiza o Concello
de Ordes. Nesta ocasión o marco foi incomparable, sendo o pazo do Bidueiro e os
seus xardíns o punto de encontro para todos os asistentes. Ás 13:30 horas dou
comenzo a misa solemne que foi seguida da actuación dun grupo musical que fixo
bailar e moverse a todos os presentes.
Gran xantar
Posteriormente serviuse un gran xantar
tras o que novamente viu o baile, a diversión, a festa e a música. Entre os
presentes atopábanse o alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado entre outros dos
concelleiros Silvia Marín, Roberto Iglesias, Roberto González e Ramón Vázquez,
ademáis doutros membros da corporación municipal.
*