sábado, 14 de julio de 2012

Castro: "O BNG é o único que ten presentada unha proposta de redución de dietas a concelleiros"

O portavoz do BNG reta a UxO, Partido Popular e PSdG-PSOE a que amosen as "supostas propostas" que teñen presentadas no rexistro do Concello 

O BNG de Ordes deu a coñecer onte que é o BNG "a única forza política que ten rexistrada unha proposta de redución de dietas dos concelleiros no Concello de Ordes". Tamén lamentan a "falta de seriedade" do alcalde e dos grupos municipais do PP e PSdG-PSOE e emprázaos a que "amosen as supostas propostas que teñen rexistrado no rexistro do Concello", segundo apunta o seu portavoz municipal, Gonzalo Castro

Os nacionalistas afirman ademais que tales propostas "non existen" e que só teñen como obxectivo "xerar confusión e conseguir rebaixar a proposta do BNG".

Gonzalo Castro, do BNG de Ordes.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Se o alcalde, o Partido Popular e o PSdG-PSOE teñen chegado a un acordo para rebaixar ao mínimo a proposta do BNG, adiantamos que non renunciaremos a eliminar o cobro de dietas por plenos e comisións de carácter extraordinario e á redución do número de membros nas comisións informativas"

"Os 50.000 euros que se aforrarían coa proposta do BNG servirían para impulsar a creación dun viveiro de empresas nalgún dos edificios públicos infrautilizados no concello"

*