lunes, 23 de julio de 2012

A feira de cans de caza chega o próximo domingo ao Mesón do Vento

Feira de cans de caza do Mesón do Vento na edición de 2011 / Arq.  
Beagles, sabuesos, weimaraners, bassets, setters, bracos, perdigueros ou mestizos foron son algunhas das razas que se poderán contemplar este ano

A feira está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste peninsular

O recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller un ano máis unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con vinte edicións e que cada ano incrementa o número de participantes, visitantes e animais expostos. Concretamente será o vindeiro domingo 29 de xullo cando teña lugar este evento que cada ano atrae ata a parroquia de Ardemil a centenares de cazadores e milleiros de persoas amantes dos cans.

O programa previsto arrancará ás 08.30 horas coa apertura da exposición canina. Entre todos os animais expostos, empregados tanto para a modalidade de caza maior e menor, un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores exemplares de cada raza. Beagles, sabuesos, weimaraners, bassets, setters, bracos, perdigueros ou mestizos foron son algunhas das razas que se poderán contemplar este ano, entre as que xa hai máis de 25 inscritas. Neste aspecto cabe sinalar a presencia e a gran variedade de cans adicados á seguir o rastro do xabarín ou ben á captura de perdices e coellos. Os gañadores de cada modalidade recibirán, ademáis dun diploma acreditativo unha placa conmemorativa e un lote de pienso, donados pola armería Pino, de Ordes e Bisbarra Agrícola, de Betanzos.

De feito a Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o noroeste penínsular e unha das mellores de España,superando o ano pasado os 1.500 animais. Por número de participantes destacan, ademáis da galega, as de Castela León e Asturias.

Inscricións
Outro dos atractivos desta convocatoria é a degustación gratuita de caza polos bares e establecementos hosteleiros da zona. Un ano máis o Concello de Ordes participa e colabora activamente na posta en marcha desta feira, cuxo prazo de inscrición e de reserva de xaulas estará aberto ata última hora do próximo venres sen coste algún para os interesados. Para elo basta con chamar ó teléfono 689 550728.