martes, 3 de julio de 2012

O BNG acusa a Regos de querer aprobar os orzamentos "ocultando o seu contido"


O BNG rexeitou a proposta de aprobación de Orzamentos para o 2012, que o goberno levou hoxe á Comisión de Contas e Facenda
O Goberno municipal aproba a ampliación da ORA coa oposición dos nacionalistas
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, acusou hoxe ao alcalde, Manuel Regos, de levar os Orzamentos municipais á Comisión de Contas e Facenda do Concello de Ordes, para o seu dictame inicial, "ocultando a maioría da información sobre os mesmos".
O portavoz do BNG de Ordes manifestou que “na Comisión de Contas celebrada no día de hoxe, o Goberno municipal ocultou a maioría da información relacionada cos Orzamentos Municipais que pretenden aprobar en Pleno, o que motivou o voto en contra do BNG ao ditame favorábel aos mesmos”.
Castro salientou que “na documentación facilitada aos concelleiros para o ditame do proxecto de Orzamentos Municipais para o 2012 pola Comisión de Contas, faltaba o anexo de persoal do Concello, o anexo de investimentos, o informe económico-financiero ou o orzamento da radio municipal, entre outra moita documentación”.
O portavoz nacionalista criticou duramente a actitude do alcalde de Ordes por “pretender ocultar o contido dos Orzamentos aos concelleiros da Corporación Municipal” o que, a xuizo do portavoz do BNG, “xa constitue o colmo dos despropósitos, despois de levar a aprobación dos Orzamentos de 2012 con máis de medio ano de retraso, nun exemplo da paralise deste goberno municipal”.
Ampliación da ORA
O BNG opuxose na Comisión de Urbanismo ao ditame favorábel á ampliación das zonas de regulación do aparcamento ORA, proposta polo Goberno municipal de Ordes e que afectaría a cinco rúas máis da vila de Ordes (Rúa Nova, Compostela, Canteira, República Arxentina e Mercado), ademáis da ampliación da ORA en rúas como a do Recreo, até o cruce coa rúa Reverencia.
Para o portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, “esta medida é absolutamente desproporcionada e inxusta e só obedece a un afán recadatorio do alcalde, que pretende facer recaer sobre os veciños o resultado da súa nefasta xestión económica”.

Castro calificou “de falsas as manifestacións do alcalde nas que afirmou que foran os veciños quenes pediron a ampliación da zona ORA” e emprazouno a “amosar públicamente as peticións dos veciños solicitando a ampliación da zona ORA”.

*