jueves, 19 de julio de 2012

A rúa da República Arxentina ábrese a peóns e tráfico rodado


Acometeuse unha exhaustiva obra de mellora e remodelación do vial 

Tras varios meses pechada ao tráfico e viandantes, esta tarde a un tramo da rúa da República Arxentina volveu abrir ó tránsito de peóns e ao tráfico rodado. A construcción dun novo inmoble nesta céntrica rúa situada  fronte a antiga Casa do Concello obrigou a esta interrupción. 

Unha situación aproveitada dende o Consistorio para acometer unha exhaustiva obra de mellora e remodelación do vial.

Ensanchado e beirarrúas
Así, procedeuse ó ensanchado da estrada pola que xa circulan os vehículos e á construcción de beirarrúas en ambos lados para maior seguridade dos peóns que por ela transitan. 

Tamén se levou a cabo unha remodelación do firme e a construcción de máis de vinte prazas de aparcamento gratuitas.

*