Os nacionalistas afiman que
a suba do IVE ao 21%, unido á baixada dos salarios afectará gravemente
ao consumo en Ordes
Gonzalo Castro cifra en máis do 20% a caída das vendas no noso comercio local
O BNG de Ordes augura que se chegará aos 1.500 desempregados
O
portavoz municipal do BNG de Ordes realizou esta mañá unha valoración das
consecuencias para Ordes dos recortes aprobados polo Goberno central do Partido Popular. Castro afirmou que o paquete de medidas impulsado polo
Goberno do PP vai condenar ao concello de Ordes a “unha profunda depresión, cunha baixada da actividade económica, e
cunha suba do paro causada pola suba dos impostos e a baixada dos salarios”.
O portavoz do BNG fixo fincapé en que “a suba do IVE é unha medida inxusta, xa que
non ten en conta criterios de renda, e vai ter un efecto moi negativo nas
economías domésticas”. Segundo Castro, “a baixada do poder adquisitivo das persoas, coa repercusión da suba do
IVE, a baixada de salarios e a redución das prestacións por desemprego,
provocará un grave perxuizo ao sector servizos e especialmente ao comercio e
hostelería ordense”.
“Só no
sector do comercio local, prevemos, logo de realizar un estudo pormenorizado da
súa situación, que se diminua máis dun 20% o seu volume de negocio por mor da
perda de poder adquisitivo da cidadanía”, asegura o nacionalista, quen tamén calificou de “puntilla ao sector a restauración e da
hostelaría ordense esta suba de impostos e baixada de salarios para as maiorías
sociais”
Castro salientou que “as medidas do goberno do PP tamén
afectarán a sectores tan importantes para a economía ordense como o agrogandeiro, que verá aumentados
ainda máis os seus custos de producción, o que porá nunha dificil situación as máis de 2.000 persoas que
viven directamente deste sector económico”.
Desemprego
Con respecto ás consecuencias relacionadas co desemprego, o
portavoz local do BNG afirmou que “segundo os cálculos que temos realizado,
a caída en máis dun 20% do consumo provocada polos recortes do PP, enviará a
máis de douscentos ordenses vinculados aos distintos sectores económicos ao paro, o
que situará cifra total en case 1.500 desempregados no concello de Ordes”.
Castro afirmou que a “reducción das prestacións por desemprego pon nunha situación moi dificil aos máis de 1.200
desempregados que existen na actualidade en Ordes, e ás súas familias, situando
a moitas delas a piques da pobreza extrema e a exclusión social”.
Moción do BNG
Os
nacionalistas defenderán no vindeiro Pleno unha moción onde proporán que o Pleno de Ordes rexeite as medidas adoptadas
polo Goberno do Estado no relativo á suba do IVE, aos recortes nas
prestacións por desemprego, á supresión da paga de Nadal e á redución de
concelleiros e concelleiras. Demandando, ademais, a supresión das deputacións
provinciais que levará un aforro económico e unha eficiencia na xestión.
*