viernes, 27 de julio de 2012

Os concelleiros de Ordes rebaixan as súas dietas nun 5 %


Momento da celebración do pleno ordinario do mes de xuño, onte nos baixos da Alameda de Ordes.
O Pleno municipal tamén aproba o mantemento da oficina do rexistro da propiedade como oficina liquidadora de tasas e impostos



Luis Caamaño (PPdG) tomou posesión como concelleiro


A sesión do pleno municipal de Ordes abriu onte coa toma de posesión de Luis Caamaño Fraga como novo  concelleiro do grupo municipal popular. A continuación e por unanimidade aprobáronse os puntos referentes á creación e modificación dos ficheiros de datos persoais co fin de cumplir coa normativa de protección de datos, así como a delegación á Deputación da Coruña da xestión, liquidación, inspección e recadación dos vados ubicados no municipio.

Rexistro da propiedade
O turno de debates abriuse co punto cuarto da orden do día na que se defendía o mantemento da oficina do rexistro da propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un apoio que dende o equipo de Goberno se xustificou tanto pola súa labor de asesoramento e punto informativo, como polo beneficio económico que supón para o tecido comercial e hosteleiro da vila. 

Pola súa banda, o grupo municipal popular solicitou o mantemento destas dependencias pero eximíndoas das funcións relacionadas coas transaccións económicas. A moción aprobouse cos dez votos a favor de UxO, PSdG-PSOE, BNG e CideGa. O PPdG abstívose.

Retribucións a concelleiros
Outra moción que prosperou por nove votos foi a presentada polos socialistas, na que se solicitaba un descenso do cinco por cento das asignacións que reciben os concelleiros pola súa asistencia ás comisións informativas ou xuntas de Goberno. Contou cos votos do PSdG-PSOE, UxO, CideGa e coas abstencións de PPdG e BNG. Precisamente estas dúas formacións viron como se rexeitaba a urxencia de debatir as súas propostas sobre este mesmo tema. 

Os populares, entre outras modificacións, solicitaban unha asignación de sesenta euros pola asistencia a este tipo de comisións mentres que o BNG defendía o uso do voto ponderado para reducir o número de asistentes e dietas por convocatoria. A portavoz do Goberno municipal e tenente de alcalde, Silvia Marín, quixo destacar que “a corporación de Ordes é das poucas que tan só mantén unha dedicación exclusiva, a do alcalde, o que supón uha actitude coherente cos tempos de crise que atravesa o país”.

Rolda leste
Unha vez maís volveuse a tratar a rolda leste, máis concretemente da rotonda de auga que dende a súa inauguración está instalada na N-550 á altura da entrada do polígono industrial de Merelle e da estrada que une Ordes con Cerceda. Por unanimidade decidiuse reclamar ao Ministerio de Fomento a inmediata construcción deste enlace e finalizar coa provisionalidade existente, así como a correcta finalización da segunda fase desta rolda con dirección a Cerceda.

Sector do leite
Respecto a moción presentada polo PSdG-PSOE en defensa do sector leiteiro e dos prezos do leite, o alcalde Manuel Regos pediu que se ampliase a todos os grupos políticos municipais e que se presentara como tal, un chamamento que foi atendido por todos e que o PP pediu que se ampliase tamén ao sector cárnico.

Redución de concelleiros
Por nove votos a favor (UxO, BNG e PSdG-PSOE) e as abstencións do PPdG e CideGa, os nacionalistas viron aprobada a súa proposta na que se reclamaba á Xunta da Galicia que rexeitase a redución de concelleiros e de competencias das corporacións municipais. Os nacionalistas criticaron enérxicamente á actuación das deputacións ás que tildaron de partidistas e de favorecer aos concellos gobernados polo Partido Popular. Cifraron en 400 millóns de euros o aforro no caso de ser suprimidas e de agravio contra o pluralismo político no caso de ver reducido o número de ediles. 

Outra moción presentada polo BNG facía referencia á execución inmediata de varias obras incluidas no POS. Unha proposta que non prosperou xa que estas intervencións realizaranse en breve seguindo os prazos estipulados pola Deputación da Coruña, ademáis de estar todavía dentro do prazo permitido.

Polideportivo Campomaior
Pola súa banda o PP demandou obras de mellora no polideportivo Campomaior, unha infraestructura municipal empregada polos alumnos do centro académico que leva o mesmo nome. A moción non prosperou xa que tal e como defendeu Silvia Marín, dende o Concello se leva demendando insistentemente dende hai anos á Xunta de Galicia unha serie de obras de mellora de urxencia no centro académico que conlevarían a construcción dun ximnasio e outras infraestructuras como cubertas e un comedor entre outras. 

Unha demanda que continúa levándose a cabo tanto por parte de UxO, como do PSdG-PSOE e BNG. A edila destacou tamén que co orzamento municipal xa se acometeron obras no centro escolar, en exercicios anteriores para beneficio dos alumnos.

*