miércoles, 4 de julio de 2012

CideGa pide aplazamento do Pleno extraordinario deste venres

Expoñen que "non hai motivos de excepcionalidade" e que a Orde do día pódese levar ao pleno ordinario do 27 de xullo  

O grupo municipal de Cidadáns de Galicia (CideGa), ven de presentar ante o Rexistro do Concello de Ordes un escrito dirixido ao alcalde no que solicita que se pospoña o Pleno extraordinario desde venres 6 de xullo, e se leven todos os puntos da Orde do día ao ordinario do vindeiro 27 de xullo. De prosperar esta petición, xa se contaría coa totalidade dos dezasete concelleiros da Corporación municipal logo da renuncia do popular Pedro Carrasco.

As razóns esgrimidas por CideGa para esta solicitude de cambio de pleno, son as seguintes:
Primeira.-  Porque se está a “vulnerar” reiteradamente por parte do Grupo de goberno, o acordo plenario de inicios de lexislatura no que se aprobou que os plenos serían o último xoves de cada mes ás 20:00 horas para facilitar a asistencia a todos aqueles concelleiros que por problemas laborais en horario normal lles resultaría moi complicado asistir os mesmos.

 Segundo.- Porque neste caso non hai excepcionalidade para a convocatoria dun pleno extraordinario, posto que cabe recordar que hai escasamente unha semana, concretamente o pasado 28 de xuño de 2012 acabamos de ter pleno ordinario, no que o Goberno Municipal non levou ningún punto no orde do día, cando todos estes puntos que se van a levar neste pleno se poderían haber debatido no pasado pleno, aforrándose de paso o custe que para as arcas municipais supón poñer plenos extraordinarios.
Ana Álvarez, de CideGa.
"Razóns laborais" 
Terceiro.- Porque queremos manifestar que dende Cidadáns de Galicia no recente pleno do 28 de xuño de 2012, cando se lle entregou en man a convocatoria para a Comisión da radio, se lle transmitiu o Grupo de Goberno e os membros da oposición que nese momento estaban presentes, que por razóns laborais esta semana non podería asistir a ningunha comisión.  

“E tal e como está a día de hoxe o mercado laboral, non queremos pensar mal, nin chegar a supoñer que o Grupo de Goberno está a utilizar información sobre o horario laboral dos concelleiros da oposición á hora de poñer os plenos, posto que iso sería por dicir algo suave “pouco ético”, aseguran.

"Confiamos en que todos os concelleiros podamos exercer o noso deber como representantes dos veciños e veciñas de Ordes, independentemente dos nosos criterios políticos, que dito de paso no noso caso son contrarios a istes Orzamentos do ano 2012, por consideralos continuistas e que non van na liña das medidas de aforro que Cidadáns de Galicia propuxo ao pleno a primeiros de ano, que era cando había había que aprobar istes orzamentos".

*