Gonzalo Castro: "Reivindicamos o dereito de Galiza de ter futuro e buscar unha saída social e xusta á crise"
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, convidou hoxe aos veciños da comarca de Ordes, a participar mañá na manifestación que sairá as 12.00 horas da Alameda de Santiago de Compostela "para reivindicar o dereito de Galiza a existir, a ter futuro e a buscar unha saída social e xusta á crise".
Gonzalo Castro explicou, que a tradicional manifestación nacionalista "é unha boa ocasión para contestar a política de recortes que está levando a cabo o PP tanto en Galiza como no Goberno do Estado e que está empobrecendo á cidadanía".
Mobilizacións
Castro enfatizou que "chegou o momento da mobilización, chegou o momento de defender os nosos dereitos frente a políticas que só defenden os intereses da banca e dos especuladores, saqueando ao pobo".
*