martes, 10 de julio de 2012

A movida de Ordes xa conta cun servizo de autobuses nocturnos


Están dispoñibles catro liñas dende Santiago, A Coruña, Val do Dubra e ruta dos Cabaleiros

A asociación Movida de Ordes acaba de poñer en funcionamento un novo servizo de autobuses nocturnos para as noites dos sábados, coa fin de reactivar a marcha e ocio nocturno navila. A iniciativa arrancou esta fin de semana e entre as ventaxas está o incremento na seguridade das principais vías de acceso á vila, á que cada sábado se achegan milleiros de persoas para disfrutar dun dos epicentros da movida en toda Galicia. 

Deste xeito tamén se elimina o risco de ser sancionado nun control de alcolemia, un dos principais motivos disuasorios para que xente doutros puntos se achegue ata o popular Campo da Feira para desfrutar dos locais de Ordes.

Ruta dende Santiago 
23:00 horas: Bertamiráns (Parada de bus).
23:20 horas: Fontiñas (Área Central).
23:30 horas: Plaza de Galicia
23:45 horas: San Caetano.

Ruta dende A Coruña
23:00 horas: Plaza España
23:15 horas: Ronda de Outeiro
23:30 horas: El Corte Inglés
23:45 horas: O Burgo (Edificios E. Múltiple)
23:55 horas: Vilaboa (Novagalicia Banco)
00.05 horas: Carral.

Ruta dende Val do Dubra
23:00 horas: Casa do Concello
23:15 horas: Benza
23:30 horas: Xavestre
23:45 horas: Campo (Bar Pardo)
23:55 horas: Candendo
00:05 horas: Leobalde
00:15 horas: Pontraga (Bar Che).

Ruta dos Cabaleiros
23:00 horas: Bar Calviño
23:10 horas: Villadabad (bares)
23:15 horas: Alxeriz (bares)
23:20 horas: Sanmede
23:25 horas: A Silva (cruce)
23:30 horas: A Tablilla (Bar Golán)
23:35 horas: Xesteda (cruce)
23:45 horas: Cerceda (cruce ordes)
23:55 horas: Viris
00:10 horas: Mercurín (bar).

Os organizadores deste grupo, encabezados polos principais empresarios e hosteleiros do municipio, avanzan que en próximas datas estes itinerarios van ser ampliados por outras zonas. Non será o único xa que tamén estanse a preparar actuacións, eventos e moitas máis sorpresas para aqueles que gustan de sair e  vivir noites de festa.

*