Fran Rei (esq.) e Pedro Brandariz, dous pallasos en máis apuros. |
Poderase disfrutar de teatro, música, obradoiros, festexos e clown en varios lugares da vila ata o 17 de agosto
O
espectáculo de clown Dous pallasos en máis apuros marcará mañá o incicio do
Verán Cultural de Ordes ás 20:00 horas na Alameda. Trátase dun programa
caracterizado por unha extensa e variada programación que se desenvolverá
ininterrumpida e gratuitamente ata o próximo 17 de agosto. Nela convínanse
teatro, música, obradoiros, títeres, festexos e clown entre outros.
Dous pallasos en maís apuros é un
espectáculo de clown realizado e posto en escea pola compañía 'Os sete magníficos
máis un'. Especialmente pensado para os máis novos, o espectáculo recupera e
actualiza varias farsas circenses clásicas creadas pola familia Colombaloni.
Un espectáculo que leva colleitado un enorme éxito en toda Galicia tal e como
veñen a demostrar as máis de cen representacións levadas a cabo nos últimos
meses. Dirixida por Walker Velázquez e Iván Prado, o espectáculo vai ser
representado por Pedro Brandariz e Fran Rei, cunha duración aproximada de unha hora.
Lugares
Todas as actividades incluidas no Verán Cultural
terán como principais escenarios a Alameda de Ordes, o Campo da Feira e o
auditorio da Casa da Cultura. En caso de choiva a organización ten previsto
trasladalas á Casa da Cultura e ó pavillón Campomaior no caso do Día do Neno
que terá lugar o 6 de agosto.
O Verán Cultural de Ordes está organizado polo Concello de Ordes, en colaboración coa Deputación da Coruña, e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).