martes, 17 de julio de 2012

O Concello pon en marcha un boletín dixital de búsqueda de emprego



Un enlace na web municipal  permite acceder a este servizo, xestionado pola Axencia de  Emprego e Desenvolvemento Local  

O Concello de Ordes ven de poñer en marcha unha nova plataforma informática dirixida especialmente a desempregados na búsqueda activa de emprego. Trátase dun portal dixital de búsqueda de emprego que se actualizará semanalmente. A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local valerase non só dos medios de comunicación senón dos datos aportados por distintos organismos e institucións.

Para acceder a este novo boletín de búsqueda de emprego basta con premer o link que aparece na páxina www.concellodeordes.com. Deste xeito se poderán consultar as principais ofertas tanto do municipio como da comarca, provincia e incluso doutros puntos da xeografía galega. Tamén se porá a disposición dos usuarios o boletín de ofertas elaborado pola Cruz Vermella

Formación e noticias
Non será a única información á que se teña acceso a través deste boletín, xa que tamén se poderán consultar diferentes accións formativas e outras noticias de interese relacionadas co ámbito laboral. Éstas atenden a feiras de emprego, becas e axudas a desempregados, prácticas laborais, etc.

Tal e como viña sucedendo ata agora este boletín de emprego continuarase editando en formato papel, que se poderá recoller tanto na Casa do Concello como na biblioteca municipal.

*