Equipo de xuvenís que no pasado mes de maio conseguiron o ascenso á liga nacional. |
Manuel Fernández Liñares: "Este ano preténdese dar un salto de calidade dentro do equipo"
O 23 de xullo se presenta o equipo xuvenil que xogará en liga nacional por primeira vez na súa historia
As escolas deportivas da S.D. Club
Órdenes veñen de abrir o prazo de inscrición de cara á nova tempada. Trátase
das categorías cadete (1997-98), infantil (1999-01), alevín (2001-03), benxamín
(2003-04), prebenxamín (2005-06) e biberón (2007-08). Todos os interesados xa
poden solicitar a súa praza os luns e xoves de 16:00 a 19:30 horas durante os
meses de xullo e agosto nas oficinas do campo de fútbol de Vista Alegre.
Como novidade este ano aplicarase un novo programa formativo específico
para traballar distintos aspectos según as categoría na que se xogue. Trátase
dunha nova metodoloxía didáctica na que primarán a integración do equipo, a
técnica, a táctica e a fortaleza física. Con todo, Manuel Fernández Liñares,
máximo responsable das escolas deportivas, prima por riba de todo “a formacion
como persona”. “Desta maneira” explica “preténdese dar un salto de calidade
dentro do equipo que o coloque nos primeiros postos das listas”.
Máis información
Os interesados poden ampliar esta información ou resolver calquera dúbida
chamando os luns e xoves pola tarde ó teléfono 981697845 ou no 646477901.
Tamén dispoñen do enlace na rede social Facebook https://www.facebook.com/sociedaddeportiva.ordenes,
en Twitter en https://twitter.com/SDClubOrdenes
ou na súa web http://www.sdclubordenes.com.
Por outra banda o clube ven de confirmar a data de presentación do equipo xuvenil, que este ano por primeira vez xogará na liga nacional. Será o
vindeiro 23 de xullo ás 19:00 horas, nun acto aberto ó público que terá lugar no
mesmo campo de Vista Alegre.
*