martes, 3 de julio de 2012

O BNG, contrario á ampliación da zona ORA na vila de Ordes

As novas zonas da ORA cubrirán as rúas nova, Compostela, Canteira, República Arxentina e Mercado


Gonzalo Castro: "Esta medida só obedece a un afán recadatorio do alcalde de Ordes"
O BNG manifestou onte a súa oposición á ampliación das zonas de regulación do aparcamento ORA, que prevé o Goberno municipal de Ordes e que ampliaría este area de pagamento a cinco rúas máis da vila de Ordes (rúa Nova, Compostela, Canteira, República Arxentina e Mercado).
Para o portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, “esta medida é absolutamente desproporcionada e inxusta e só obedece a un afán recadatorio do alcalde, que pretende facer recaer sobre os veciños o resultado da súa nefasta xestión económica”.
Castro lembrou que “con esta proposta de ampliación da zona ORA, non quedaría prácticamente ningunha rúa do centro de Ordes sen estar afectada pola ORA”.


Comisión de Urbanismo
O portavoz dos nacionalistas ordenses anunciou que o BNG vaise opoñer á aprobación por parte do Pleno desta proposta de ampliación da zona ORA, e o seu primeiro paso será o voto en contra dos nacionalistas ao dictame favorábel desta proposta  na reunión da Comisión de Urbanismo que terá lugar hoxe martes.

*