Organizada pola Agrupación local Socialista de Ordes
Máis de cen cazadores asistiron á charla
informativa sobre a Lei de Caza de Galicia organizada pola Agrupación
Socialista de Ordes, que tivo lugar o pasado venres á noite no salón de actos
da Casa da Cultura ordense. Durante algo máis dunha hora, Jacobo Feijóo,
secretario de Desarrollo Rural, Medio Ambiente e Forestal de Unións Agrarias;
José Miguel Alonso, secretario provincial de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE; e
Antonio Mota, membro de UNITEGA (Unión de Tecores de Galicia) coincidiron en
denunciar que se trata dunha lei recadatoria, elaborada sen ningún tipo de
diálogo nin cos partidos, nin cos sindicatos nin cos tecores.
Infraccións
Segundo os poñentes, a nova Lei de Caza incrementa
as infraccións mínimas (que pasan de 60 a 100 euros), incrementan o custe das
licencias e obrigan aos cazadores a realizar batidas, ademais de seren
responsables dos danos causados por animais feridos na circulación e no
deterioro dos cultivos. Ademais, advertiron que naqueles tecores que dependen
de sociedades deportivas, no caso de demanda os cazadores poderían ter que
responder co seu patrimonio.
Finalmente, Jacobo Feijoo, José Miguel Alonso e
Antonio Mota coincidiron en sinalar que ese incremento na recadación sobre os
cazadores debería destinarse a materias e actividades relacionadas coa
conservación do medio ambiente.
*