martes, 17 de julio de 2012

Unha charla contra o consumo de alcol entre a xuventude


O Concello de Ordes organiza o encontro este xoves nos baixos da Alameda

Englobado dentro do programa Faro como medida preventiva no consumo de alcol entre a xuventude, o Concello de Ordes celebrará unha charla informativa gratuíta o vindeiro xoves 19 de xullo ás 11:00 horas. O lugar onde se desenvolverá esta cita será nos baixos da Alameda situados na rúa Xoxardo, concretamente na aula de formación.

Os interesados en asistir poden apuntarse previamente e reservar a súa praza dispoñen do teléfono 607642863 ou ben poden facer uso do correo electrónico monica.gonzalez@ordes.dicoruna.es

Programa Faro
O programa Faro é unha iniciativa na que traballan conxuntamente o Concello de Ordes, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a Deputación da Coruña, a Consellería de Sanidade, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. Trátase da terceira edición que acontece no Concello de Ordes e a terceira fase desta última convocatoria. 

A primeira delas consistiu na orientación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre a realidade desta probelmática e adicción. En segundo lugar celebráronse as Noites Psicoeducativas, especialmente deseñadas para a mocidade e xuventude como colectivo de risco, e nas que se fomentou o uso axeitado do tempo de lecer.