jueves, 19 de julio de 2012

Como sería un Ordes de trece concelleiros?

De ser aplicada a medida de Rajoy nas pasadas eleccións do 2011, UxO perdería dous concelleiros por un do PP e BNG

Como xa é sabido, o Goberno central de Mariano Rajoy prepara unha importante reforma do sistema municipal que contempla, entre outras medias, unha redución do número de concelleiros nun trinta por cento. Así, o Concello de Ordes, que goza na actualidade de dezasete membros da corporación (un por cada 765 veciños), pasará a contar, de aprobarse esta medida, con trece concelleiros. A medida será efectiva a partir das próxima lexislatura municipal que dará comezo na primaveira do ano 2015.

Como sería o resultado de ser aplicada esta medida nas anteriores eleccións locais de maio do 2011? Tal que así:

Os resultados de maio do 2011 foron os seguintes:

Unión por Ordes (UxO): 3.098 votos (37,4%)
Partido Popular (PP): 2.957 votos (35,7%)
Bloque Nacionalista Galego (BNG): 955 votos (11,5%)
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE: 745 votos (9,0%)
Cidadáns de Galicia (CideGa): 529 votos (6,4%)


Empate UxO-PP
Este resultado aplicado á lei d'Hont sobre trece concelleiros sería tal que así:

UxO: 5 (perdería dous)
PP: 5 (perdería un)
BNG: 1 (perdería un)
PSOE: 1 (manteríase)
CideGa: 1 (manteríase)

*