As dúas parellas finalistas posan co concelleiro de Deportes de Oroso, Luis Rey Villaverde. |
Os ordenses venceron na final á parella conformada por José Benito
Rodríguez e José Manuel Romero, de Sigüeiro, nun partido moi desputado: 7-6 e
6-3
A primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Oroso xa ten gañadores.
Son os ordenses Antonio Tono Muíño e Manuel Rey, que venceron na final á parella de
Sigüeiro conformada por José Benito Rodríguez e José Manuel Romero. O encontro
estivo moi desputado e rematou cun resultado de 7-6 e 6-3.
Como premio, aos campións correspondeulles unha cea para dúas
persoas e aos finalistas unhas palas de pádel. Non obstante, a organización entregoulles agasallos a todos os participantes.
Participantes
Nesta primeira edición, o Torneo de Pádel Concello de Oroso acadou unha
participación de catorce parellas. A competición, que se desenvolveu durante
todo o mes de xullo, estivo aberta a todos os cidadáns do municipio e da
comarca.
*