viernes, 13 de julio de 2012

O PP de Ordes "celebra" que PSOE e BNG se sumen a súa proposta de redución de dietas


Martínez Sanjurjo: "A hiperinflación de convocatorias de plenos e comisións e unha inmoralidade"

O Partido Popular de Ordes celebrou hoxe que BNG e PSOE se sumen agora á súa proposta de reducir o importe global que o Concello dedica ao pagamento de indemnizacións por asistencia a plenos e comisións.

O propio Partido Popular alerta de que xa denunciou tempo atrás, a proliferación de convocatorias de plenos extraordinarios e de comisións, "convocatorias inxustificadas no caso dos plenos, e case sempre baleiras de contido por falta de documentación das comisións, que so responden ao interese do alcalde por pagar dietas aos concelleiros do equipo de Goberno, aos que a oposición liderada polo PP, deixou sen soldo na actual lexislatura".

A modo de exemplo, o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, recorda que a pasada semana o alcalde convocou tres comisións diferentes, sen a remisión previa do necesario contido documental, e que non duraron máis de dez ou quince minutos cada unha. “Esta proliferación de comisións, e mesmo o Pleno extraordinario do pasado venres, o quinto en nove meses, retratran claramente o proceder dun alcalde que prima os intereses persoais fronte aos dos veciños que pagan impostos e sosteñen o Concello”, afirma o voceiro popular.

Martínez Sanjurjo (PP).
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes 
A “hiperinflación de convocatorias de plenos e comisións que o alcalde promove para dotar de soldos aos seus concelleiros é unha inmoralidade que o Partido Popular non está disposto a consentir"

*