viernes, 6 de julio de 2012

O PSOE vota uns orzamentos municipais con incrementos en educación, benestar, emprego e medioambiente


O Goberno municipal retira a ampliación da zona ORA na vila

Pedreira: "Estes orzamentos inclúen gran parte das nosas aportacións a pesar de estar baixo a lupa de Madrid"

O portavoz municipal socialista de Ordes, Xesús Pedreira, confirmou na sesión plenaria celebrada esta mañá o seu apoio aos orzamentos municipais do Concello de Ordes para 2012, que foron aprobados cos votos a favor de UXO e PSOE, os votos en contra do BNG e as ausencias de PP e Cidega. Pedreira Mirás defendeu o sentido do seu voto afirmando que “responde á responsabilidade dos socialistas cos veciños de Ordes, xa que o Grupo de Goberno aceptou gran parte nas nosas aportacións aos orzamentos a pesar de que o Concello de Ordes está baixo a lupa, ou case que en liberdade vixiada por parte do Goberno dende que se aprobou o Plan de Axuste”.

Xesús Pedreira considera que “os socialistas somos responsables e consecuentes, non como outros grupos municipais non teñen a mesma actitude responsable de mirar polo benestar dos veciños e veciñas de Ordes”. Así, lembra que “grazas ás nosas negociacións, os orzamentos de 2012 inclúen incrementos nas partidas destinadas a educación, benestar social, emprego e medioambiente”.

Propostas socialistas
Así, os orzamentos recollen as propostas dos socialistas de Ordes para incrementar nn 6,4% a partida destinada a educación; un 11,8% nas partidas destinadas a emprego e servizos sociais; e 100.000 euros máis para obras relacionadas coa mellora do medioambiente (creación de pozos no rural, recuperar fontes e lavadorios ou limpeza de ríos). 

Ademais, tamén se aceptaron reducir en preto dun 50% a cifra destinada a festexos e destinar as rebaixas efectivas das aportacións ás entidades deportivas sexan destinadas a rematar as pistas polideportivas de Ordes e mesmo á creación dunha cancha de tenis. Xesús Pedreira amosa a súa confianza en que “todo o que negociamos para mellorar a calidade de vida dos veciños de Ordes saia adiante”

Zona ORA
Por outra banda, os socialistas amosaron a súa oposición á proposta de incrementar as zonas de ORA en Ordes, proposta que finalmente quedou enriba da mesa. Ademais, apoiaron as ordenanzas fiscais “xa que o incremento non é superior ao IPC e se contemplou que en casos especiais se podería facer unha discriminación positiva”, sinala Xesús Pedreira. Finalmente, os socialistas abstivéronse na cuestión da praza, agardando que se poida chegar a un acordo final, e apoiaron a cesión na Deputación do cobro dos vados.

*