miércoles, 18 de julio de 2012

O Concello programa un novo curso de atención sociosanitaria no domicilio


Máis información nos teléfonos 981680002 ou 981680157 ou no primeiro andar da Casa do Concello

O Concello de Ordes informou hoxe da realización dun novo curso de atención sociosanitaria no domicilio.  En total serán 628 horas de formación que se desenvolverán na aula adaptada ubicada nas instalacións do mercado agrario comarcal de Mesón do Vento.

Á finalización do curso os asistentes recibirán un certificado de profesionalidade, ademáis de optar á realización de prácticas laborais en distintas empresas do sector. Os principais destinatarios deste proxecto formativo son desempregados de Ordes. Esta iniciativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado.

Para inscribirse ou resolver calquera dúbida os interesados poden chamar ós teléfonos 981 680002 ou 981 680157, así como pasar polas oficinas situadas no prmeiro andar da Casa do Concello en horario de mañá. Tamén dispoñen do correo electrónico correo@ordes.dicoruna.es.