O colectivo artístico ordense Desordes Creativas está a celebrar entre o pasado 17 de xullo e ata o 22 de agosto, o seu Festival de Arte Urbana.
Entre os artistas participantes atópanse Blu, Ericail, Liqen, Sam3, 3TTman, Nano 4814, Xpen, Nas, Sokram, Nana e Mou.
Macromurais
As intervencións do italiano Ericail e do galego Blu xa se poden admirar nas fachadas de dous edificios de Ordes. Concretamente, o italiano é o responsable dun espectacular macromural na rúa do Recreo, xunto ao río e o bar A Ponte.
O galego Blu foi quen de asinar a súa non menos sorprendente proposta nunha fachada da rúa da Reverencia.
Intervención mural de Blu na rúa da Reverencia de Ordes. |
O macromural do italiano Ericail xa pode admirarse na rúa do Recreo de Ordes. |