O programa posto en marcha polo Concello conova a máis de setenta nenos e nenas con idades dende os 3 aos 12 anos
Máis de 70 rapaces e rapazas con
idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos están a desfrutar e aproveitar o
verán ó máximo grazas ás actividades de conciliación. Un programa lúdico e
didáctico emprendido polo Concello de Ordes e que se desenvolve de luns a
venres durante os meses de xullo e agosto coincidindo coas vacacións estivais.
Unha viaxe pola humanidade
O local social municipal é o escenario habitual para os máis pequenos.
Alí están a desenvolver estas semanas unha particular viaxe pola historia da
humanidade que os está a levar pola prehistoria, a idade media, moderna e contemporánea, así como por lugares e culturas tan influintes como a grega, a
romana ou a exipcia.
Para elo contan cun compañeiro moi especial que todos
adoptaron rápidamente como a súa mascota. Leonardo é un cocodrilo que sempre
está presente nas súas viaxes virtuais e imaxinarias. Festas de disfraces,
construcción de pirámides, brazaletes ou sarcófagos, realización e pinteado de
cabaliños de Troia, etc, con algunhas das actividades realizadas ata o momento.
Por outra banda as instalacións do colexio Campomaior albergan as
actividades dos usuarios de 6 a
12 anos. Unhas xornadas nas que a actividade física, os obradoiros e o deporte
ocupan a maior parte do seu tempo.
Ambos grupos coinciden a lo menos unha vez á semana nas actividades que
teñen lugar ó aire libre. Neste caso a piscina municipal situada no Campo da
Feira, o paseo fluvial e os parques municipais son os escenarios habituais.
*