jueves, 5 de julio de 2012

Castro acusa a Regos de "despilfarrar" 30.000 euros en plenos e comisións informativas


Asegura que Santiago de Compostela ou A Coruña celebran a metade deles que o Concello de Ordes
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, acusou onte ao alcalde, Manuel Regos, de “despilfarrar máis de 30.000 euros en tres meses coa convocatoria masiva de plenos e comisións informativas da Corporación Municipal, sen que a moitas desas reunións o goberno levase ningunha proposta
O portavoz do BNG de Ordes calificou esta situación de “auténtico atraco aos veciños e veciñas de Ordes, como o demostra o feito de que en Concellos da envergadura como Santiago de Compostela ou A Coruña se teñen celebrado a metade de plenos e comisións que no Concello de Ordes ”.
Gonzalo Castro salientou que “as únicas explicacións para esta actitude do alcalde son, por unha banda, o interese do goberno municipal por engordar as súas dietas por asistencia a plenos e comisións e, por outra banda, a intención do alcalde de ocultar as decisións impopulares aos veciños de Ordes, convocando Plenos Extraordinarios pola mañá para evitar a asistencia de público”.
Gonzalo Castro.
Pleno Extraordinario e ORA
O portavoz nacionalista citou como “último exemplo desta intolerábel atitude do alcalde, a convocatoria dun pleno extraordinario ás 10:00 horas deste venres, para aprobar, tanto uns Orzamentos que incluen unha elevada subida das taxas e impostos, como a ampliación da zona ORA a cinco rúas máis”.
O portavoz nacionalista enfatizou que “este comportamento, desgrazadamente xa non é novo, xa que hai dous meses o alcalde aprobou un crédito leonino que hipotecará o futuro dos veciños de Ordes, convocando de forma sorpresiva e urxente un Pleno para as 07:30 da mañá, algo absolutamente inaudito e sen parangón coñecido”.

*