miércoles, 11 de julio de 2012

Parada inicia este venres as festas de Santa Mariña


As celebracións comezan cunha gran churrascada ás 21:00 horas

Este venres 13 de xullo darán comezo as festas patronais de Parada na honra a Santa Mariña. Unha gran churrascada popular prevista para as 21:00 horas dará o pistoletazo de saída a esta cita festiva, que na súa primeira xornada contará coa actuación das orquestas Philadelphia e Aché.

Para o sábado a misa na honra a Santa Mariña, ás 13:30 horas, é o primeiro dos actos programados. Nesta ocasión tanto a sesión vermú como a verbena nocturna correrán a cargo do grupo Sorpresa. Un programa que se repetirá o domingo, último día de celebración, cunha misa solemne ás 13:30 horas na honra da Virxe do Carme. A orquesta Grupo Musical porá o punto final na sesión vermú.

*