O lugar escollido foi a entrada do seu centro de traballo
Un grupo de funcionarios da oficina de emprego ubicada no Concello de Ordes realizaron esta mañá unha concentración para mostrar a súa repulsa as medidas e recortes aprobadas polo Goberno de España liderado por Mariano Rajoy.
O lugar escollido foi a entrada do edificio que no que desenvolven a súa labor, ubicado na Rúa Galicia. Para non perxudicar ós usuarios, levaron a cabo a súa protesta durante o seu periodo de descanso.
*