sábado, 7 de julio de 2012

A 'Galicia Fashion Week' acollerá unha mostra de traxes de Juanjo Liñares


Estarán expostos dende este mércores ata o 23 de xullo no Hostal dos Reis Católicos

O Museo do Traxe Juanjo Liñares ven de pechar un acordo de colaboración coa organización do evento Galicia Fashion Week que permitirá disfrutar dalgúns dos mellores traxes do museo ordense nun escenario único, o Hostal dos Reis Católicos. Concretamente serán vintetrés os traxes que dende o próximo mércores e ata o vindeiro 23 de xullo se exhibirán por distintas salas do hostal.

Entre as pezas que se exhibirán destacan un dos traxes que Antonio Gades lucía no espectáculo Bodas de Sangue, un traxe de xitana pertencente a Rocío Jurado, un de gala e outro de boda da comarca de Ordes, un traxe de luces datado no século XVII, rexionais galegos e incluso goyescos. Ata Santiago tamén se fará chegar un sari hindú que a maharaní Anita Delgado regalou no seu día a Juanjo Linares, así como outro de geisha, un de alcaldesa de Zamarramala (Segovia), outro de lagarterana e incluso un de ama de cría típico de Asturias.  

As frases de Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe Juanjo Liñares
“Trátase dunha ocasión especial que nos permite achegarlle o noso museo a xente vida de todas as partes do mundo, debido o perfil cosmopolita da clientela do Hostal dos Reis Católicos. Á par tamén estamos orgullosos de poder colaborar nun evento tan importante como a Semana da Moda Galega

"De seguro que o gran coreógrafo e bailarín Juanjo Linares, grazas a quen este museo é unha realidade, estaría moi orgulloso desta colaboración que ven a exaltar a creación galega

*