O Goberno municipal de Ordes presentará no próximo pleno unha moción na que instará á Xunta de Galicia ó mantemento do rexistro da propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un punto de xestión dende o que se tramitan diversos procedementos de oito concellos diferenetes, concretamente os sete que constitúen a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (Cerceda, Trazo, Oroso, Mesía, Frades, Tordoia e Ordes) máis Val do Dubra.
Segundo o Goberno municipal, a supresión do rexistro da propiedade suporá un grave inconvinte para todos os
usuarios da comarca que verán como se suprime o que se ven prestando dende hai anos. De levarse a cabo este peche
significaría o traslado forzoso ben a Santiago ou A Coruña para realizar as
xestións e consultas pertinentes co conseguinte desenvolso económico por parte
dos interesados.
“Este traslado hai que entendelo tamén como un perxuizo
económico para o noso municipio xa que son moitos os cidadáns que veñen ata
Ordes para tramitar os seus expedientes ou facer consultas nesta oficina e que
despois aproveitan a oferta comercial e hosteleira de Ordes para facer gasto”,
aseguran dende o equipo de Goberno.
Na
orden do pleno municipal do mes de xullo, que terá lugar este, xoves a partir
das 20:00 horas tamén se reflexan a aprobación da ordenanza reguladora da creación
e modificación de ficheiros de bases de datos de carácter persoal empregados
dende as dependencias municipais. Tamén se abordará a xestión, liquidación,
inspección e recadación da taxa por entrada de vehículos e pasaxes permanentes.
Por outra banda esta previsto que Luis Caamaño Fraga tome posesión do cargo de
concelleiro do grupo municipal popular tras a renuncia do seu número dous, Pedro Carrasco,
por motivos persoais hai varias semanas.
*