lunes, 2 de julio de 2012

A piscina do Muíño abre as súas portas



Esta mañá deron comezo os cursos de natación para todas as idades

Inscricións no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes

O bo tempo e as altas temperaturas animaron onte a moitos bañistas a desfrutar da piscina municipal do Muíño no seu primeiro día de apertura de portas. Esta mañá iniciáronse os cursos de natación dirixidos a persoas de todas as idades cuxo prazo de inscrición permanece aberto no departamento de Cultura e Deporte. 

A piscina municipal de Ordes conta cunhas renovadas instalacións nas que se ofrecen servizo de cafetería, terraza e unha ampla superficie de solario. Tamén os máis pequenos contan cunha piscina de dimensións e profundidade máis reducida. Velando pola seguridade de todos os usuarios o Concello de Ordes ten contratado o servizo de varios socorristas.

*