miércoles, 4 de julio de 2012

A reformada estación da Pontraga abre as súas portas



Estará aberta en horario de mañán e tarde

Un novo espazo de lecer nace en Ordes. A estación da Pontraga, na parroquia de Parada abre as súas portas logo dunha intensiva posta a punto do edificio e o seu entorno natural de gran atractivo. A recuperación desta área, que ata datas recentes se atopaba en estado de semiabandono foi posible grazas ao convenio asinado en 2008 entre a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Concello de Ordes, que posibilitou a posta en marcha do obradoiro de emprego Ramón Rubial

O entorno da estación da Pontraga supón xa unha ampla zona axardinada con merendeiros, fontes, bancos e cadeiras para o lecer de todos.