viernes, 27 de julio de 2012

Críticas do PP e BNG pola "insuficiente" rebaixa nas retribucións a concelleiros

Pola esquerda, José Luis Martínez Sanjurjo (PPdG) e Gonzalo Castro (BNG).
Gonzalo Castro: "Os cargos públicos debemos cobrar por traballar e non por quentar a cadeira"


Martínez Sanjurjo: "A nosa proposta era reducir nun 24 % o gasto da Corporación municipal"


O Partido Popular e o BNG de Ordes mostraron hoxe a súa disconformidade co acordo plenario de onte que permitirá unha "insuficiente rebaixa" do cinco por cento nas indemnizacións por asistencias aos concelleiros de Ordes.  


Os populares, quenes propuxeron unha redución nun 24 % o gasto da corporación municipal, consideran que este aforro lograríase suprimindo as indemnizacións por asistencia a plenos e comisións extraordinarias, reducindo as indemnizacións por asistencia á Xunta de Goberno local e a comisións informativas, e reducindo o soldo do alcalde nun 7,1%, o equivalente ao importe dunha paga extraordinaria.


José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular, cuestionou que o alcalde de Ordes “antepoña os seus propios intereses e os dos seus concelleiros, sableando ao Concello con dietas inxustificables neste momento de intensa crise”. 


"Cinismo de PP e UxO"
Por outra banda, os nacionalistas, logo de criticar o “cinismo de UxO e Partido Popular, ao rexeitar a redución do número de concelleiros das comisión informativas", propuxeron a inclusión dunha redución do número de membros en cada unha das comisións informativas da Corporación Municipal, coa presenza de só un concelleiro por cada Grupo Político.


O seu portavoz, Gonzalo Castroafirmou que “os cargos públicos deben cobrar por traballar, o que non é de recibo é que haxa sete concelleiros de UxO e PP nas comisións informativas, que só veñen a cobrar dietas por quentar a cadeira, cando cun só membro por grupo sería máis que suficiente”. Castro propuxo así que “se podería destinar o aforro en dietas dos concelleiros a un fondo para compensar aos traballadores municipais pola perda da paga extra do Nadal”.


*