viernes, 6 de julio de 2012

Silvia Pedreira expón as súas pinturas en Sigüeiro


Detalle dunha das obras creadas por Silvia Pedreira e expostas este mes en Sigüeiro.

A artista ordense afronta a súa primera exposición de acrílicos e óleos

O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acolle durante este mes de xullo unha mostra de pintura de Silvia Pedreira Fraga, nacida en Suiza pero residente en Ordes, na que é a súa primeira exposición. Unha trintena de cadros, acrílicos e óleos, nas que esta artista combina unha pintura paisaxística coa pintura abstracta.

Silvia Pedreira naceu en Suiza, pero vive dende 1993 en Ordes. A súa afeción polo debuxo e a pintura venlle de moi nova, tanto a carboncillo, óleo, acrílica e outros estilos

Unha das súas técnicas habituais é realizar fotografías de paisaxes galegas que logo utiliza como base para obras como as que se poden contemplar nestes días no centro cultural de Sigüeiro.

*