A bancada do Goberno municipal durante a celebración do Pleno extraordinario do pasado xoves en Ordes. |
Silvia Marín cifra nun noventa por cento o descenso en ingresos por parte doutras Administracións públicas
A Corporación municipal do Concello de
Ordes aprobou o pasado xoves os orzamentos do ano 2012 cifrados nun total de 13,5 millóns de euros. “Estamos ante uns orzamentos reais, axustados, austeros e equilibrados que atenden ás necesidades dos
veciños e veciñas e que se adecúan ó que precisa Ordes”, según argumentou a tenente de alcalde e portavoz do Goberno municipal, Silvia Marín.
As previsións do documento sitúan un lixeiro superávit ao situar os gastos en algo máis de 12.700.000
euros e os ingresos por riba dos 13.500.000 euros.
Marín tamén destacou o incremento do 11% en políticas
sociais e fomento do emprego, así como o mantemento dos servizos de cara ós
sectores máis desfavorecidos. “Disminuimos en festexos e eventos e priorizamos
a acción social, a cultura, a educación e o deporte”, concluíu Marín, quen
sinalou o descenso de ingresos nas arcas municipais por parte doutras
administraciòns en case un noventa por cento “o que non fai posible un maior investimento
noutras partidas”.
A tenente de alcalde asegurou ademais que son uns orzamentos que se axustan ó plan
de austeridade que aprobou o Concello recentemente e lembrou unha vez máis os
beneficios dun pacto local que recoñecera e financiase aquelas labores asumidas
polo Concello que non son da súa competencia.
*